AD

Destacado

Unha muller falece tras caer nun pozo en Ames

today2 abril, 2026

Fondo
share close
AD

Unha muller de avanzada idade faleceu na mañá deste xoves tras caer nun pozo na zona de Aldea Moniña, no Milladoiro, parroquia do Biduído, no concello coruñés de Ames.

O aviso foi dado arredor das 11:30 horas polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que contactou co 112 Galicia para solicitar medios de rescate. Á chegada dos equipos de emerxencia, confirmouse o falecemento da vítima.

De inmediato, o 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Boiro, que acudiron ao lugar do suceso, así como aos Bombeiros de Santa Comba, membros do GES de Brión, efectivos da Garda Civil, a Policía Local e voluntariado de Protección Civil.

As circunstancias do accidente están a ser investigadas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *