AD

Actualidad

Unha orde de distanciamento de 100 m despraza o sen teito espido de Cervantes a outras zonas do casco vello

today27 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Carmen Rabuñal, presidenta da Asociación Cultural San Martiño Pinario, lanzou este luns un chamamento público á responsabilidade das administracións ante a situación crítica vivida na Praza de Cervantes de Santiago. Durante unha entrevista en Radio Líder Santiago, a representante veciñal relatou con detalle a convivencia forzada coa presenza dunha persoa en situación de exclusión social que “leva cinco anos vivindo na rúa, sen aceptar normas, e convertendo o espazo público nun foco de insalubridade”.

“Non é un home que non estea asistido. Vén Caritas, vén a Cruz Vermella, vén a asistente social… pero rexeita toda axuda. Quere un piso para el só, sen normas”, sentenciou Rabuñal.

A orde recente de afastamento de 100 metros imposta ao home supuxo un alivio momentáneo para os comerciantes e residentes, pero non solucionou o problema de fondo. Segundo explicou Rabuñal, a persoa en cuestión segue presente nas inmediacións, apenas uns metros máis alá, mantendo condutas que “afectan á saúde pública e á dignidade da veciñanza”.

“Facía as súas necesidades na rúa e limpaba as mans na fonte”

A situación, que xa viña de lonxe, agravouse no verán. “Chegou en maio semiespido e desde entón viviu alí día e noite. Fai as súas necesidades na vía pública, a comida que lle traen queda tirada pola rúa e a fonte onde xogan os nenos queda chea das súas cacas”, denunciou Carmen. “É insostible. A policía ten que vir entre tres e catro veces ao día, só para controlar a situación”.

Ademais do deterioro hixiénico, Rabuñal alertou dun aumento de situacións de conflitividade e trapicheo no casco vello: “Hai xente perfectamente identificada andando en bicicleta e vendendo droga. Esta zona segue sendo un punto de encontro para persoas en situación de risco ou marxinación social”.

Pese a todo, a presidenta subliñou que o problema non é a falta de atención por parte dos servizos sociais, senón a falta de ferramentas legais para actuar cando unha persoa rexeita sistematicamente toda axuda. “As leis son proteccionistas, pero chega un momento no que hai que poñer límites. Isto é un problema de saúde pública”, concluíu.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *