Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 febrero, 2026
A Orde do Cocido de Lalín continúa ampliando a súa nómina de membros e xa se coñece un novo nome que será investido nesta edición. Trátase de Valentín García, actual secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, quen recibirá a tradicional capa deseñada por Florentino.
O alcalde lalinense, José Crespo, puxo en valor a traxectoria profesional e persoal de García, así como o seu compromiso constante coa defensa e promoción da lingua e da cultura galegas. Segundo sinalou, “Valentín sempre colaborou activamente e de xeito continuado co Concello de Lalín en diversas iniciativas tanto culturais como lingüísticas, botando sempre unha man cando é preciso”.
Crespo destacou tamén a súa sólida bagaxe e a súa visión estratéxica, ademais da súa estreita vinculación co municipio, lembrando que exerceu como pregoeiro das festas das Dores no ano 2024. Con esta nova incorporación, a Orde do Cocido reforza o seu carácter cultural e institucional dentro dunha das citas gastronómicas máis emblemáticas de Galicia.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)