Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
07/03/2024 A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asistiu este mañá no paseo dos Leóns da Alameda ao acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, organizado pola Fundación Eugenio Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal e o Foro Galicia e Valle-Inclán. Tamén asistiron representantes de todos os grupos políticos da Corporación municipal e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.
Os asistentes leron distintos fragmentos da obra de Valle-Inclán extraídos do folleto ‘Ruta literaria Valle-Inclán’ publicado polo Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal co motivo do Roteiro «Santiago de Compostela: Rosa Mística de pedra», e a continuación colocaron a bufanda na escultura do autor arousán sita na alameda compostelá.
Este acto, que a Fundación Eugenio Granell realiza dende o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán no paseo de Recoletos, en Madrid, o Día do Teatro. Neste caso conmemórase o regreso real e simbólico do escritor a Compostela e a Galicia, a súa terra de orixe.
Escrito por Líder Redacción
alameda bufanda compostela radio lider santiago santiago valle inclan vermella
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)