Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today12 marzo, 2024
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- A Asociación de Veciños Cidade Histórica FONSECA acaba de presentar un recurso ante a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia para defender os dereitos da veciñanza dun sector da rúa do Vilar afectada polos cortes da subministración eléctrica durante o pasado ano.
Neste escrito, a asociación solicita que se corrixan os erros que figuran na resolución da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Industria, trala reclamación interposta a este organismo fai uns meses. Ademais, vese necesario que se certifique o cómputo anual das interrupcións da subministración eléctrica, que se facilite a fórmula de cálculo que a veciñanza pode empregar para determinar as compensacións económicas, e que se inste a empresa distribuidora a cumprir coa súa obriga de abonar as cantidades correspondentes dentro deste primeiro trimestre de 2024
Nos meses de xuño e outubro de 2023, veciños do sector da rúa do Vilar, servido polo Centro de Transformación situado no edificio da Fundación Torrente Ballester, teñen sufrido cortes de enerxía eléctrica por un total de 9 horas e 15 minutos. Tendo en conta os precedentes, a asociación FONSECA, presentou no seu día escritos de reclamación na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Industria da Xunta de Galicia, cuxa resolución recibiu recentemente.
Nesta resolución, acredítase que UFD Distribución Electricidad, S.A. ten que proceder, dentro do primeiro trimestre do 2024 a facer un abono aos veciños prexudicados polos cortes da subministración eléctrica, xa que o cómputo anual da súa duración supera o límite máximo permitido e establecido no Art. 104.2 do RD 1955/2000, que para o caso das subministracións en baixa tensión non pode superar as 5 horas no ano.
O cálculo da cantidade deste abono está regulado polo Art. 105 do mesmo R.D. 1955/2000, “Consecuencias da falla de calidade na Subministración eléctrica”, e aquí a veciñanza topouse coa dificultade de que a redacción de este artigo é tecnicamente confusa e, ao ter variado a estrutura das tarifas eléctricas, non é posible para os consumidores coñecer o importe de esas compensacións.
Escrito por Líder Redacción
cidade historia compostela cortes de luz fonseca indemnizacion radio lider santiago rua do vilar santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)