AD

Actualidad

Veciños de Laraño denuncian obras perigosas sen sinalización en Paredes-Pardiñas

today13 junio, 2025

Fondo
share close
AD

A Asociación de Veciños A Xunlla de Laraño vén de presentar unha denuncia ante a Garda Civil de Tráfico de Santiago pola execución de obras relacionadas coa acometida eléctrica da nova EDAR de Laraño/Silvouta, que se están a realizar nun vial de competencia municipal situado entre as zonas de Paredes e Pardiñas.

Segundo denuncian, os traballos carecen de sinalización viaria regulamentaria e están a pór en risco a seguridade do tráfico rodado e das persoas que transitan pola zona. Desde a asociación alertan de que estas deficiencias poderían derivar en accidentes evitables.

“É unha vía estreita onde é inviable que poidan pasar dous vehículos á vez, e coincide ademais cun cambio de rasante. O asfalto está cheo de profundos baches e hai unha entrada e saída constante de maquinaria de obra”, explican dende a entidade veciñal. Aseguran que se están a dar situacións perigosas pola tentativa de evitar eses baches e por non existiren medidas que garantan a seguridade viaria.

A asociación solicita unha actuación inmediata por parte das administracións competentes para corrixir con urxencia estas deficiencias e garantir unhas condicións mínimas de seguridade para a veciñanza.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *