AD

Actualidad

‘Verán en Belvís’ achega a veciñanza ás zonas verdes de Compostela con obradoiros e roteiros

today2 julio, 2024

Fondo
share close
AD

02/07/2024 Durantes os meses de verán, o Concello de Santiago ofrece unha serie de actividades de sensibilización ambiental co obxectivo de concienciar a cidadanía no respecto ás zonas verdes e os beneficios que aporta a xestión sostible destas. As actividades, dirixidas a todas as idades, desenvolveranse no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns de Compostela), localizado no parque de Belvís.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro, o Concello pon en marcha unha serie de actividades dirixidas a todo tipo de público e idades, especialmente pensada para nenos, que poderán asistir acompañados ou sós. As actividades terán lugar de luns a venres e a duración das mesmas será dunhas 2-3 horas, comezando ás 11:30 da mañá. Todas elas están conducidas por educadores/as ambientais, e dependendo da idade e coñecementos, estas adaptaranse segundo as necesidades dos asistentes.


As propostas son as seguintes:

Expedición botánica na procura de plantas medicinais e culinarias

Nesta actividade realizarase un itinerario na procura das plantas con usos medicinais ou culinarios, presentes na contorna do CIPX. Explicaráselle aos asistentes a multitude de usos que poden ter as plantas.

Desde a Prehistoria, especies vexetais recollíanse para ser empregadas nunha serie de problemas de saúde, debido ás súas propiedades calmantes, anestésicas, antisépticas ou vulnerarias. Ademais, moitas das plantas que medran silvestres nas zonas verdes poden empregarse para a alimentación, elaborando con elas menús orixinais e saudables, moitos xa coñecidos na antigüidade.

Punto de encontro: CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns)
Xullo: 11 e 23 | Agosto: 9 e 28

As carballeiras de Compostela

As carballeiras son espazos que forman parte intrínseca da nosa cultura desde hai uns tres mil anos. Este é un espazo natural onde tiñan lugar os principais acontecementos históricos, políticos e sociais da sociedade galega.

Nesta actividade, reivindícase o papel das carballeiras ao centrarse no concepto de bosque, o seu funcionamento, os seus beneficios e a importancia da súa conservación.

Punto de encontro: CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns)
Xullo: 12 e 29 | Agosto: 12 e 29

Obradoiro de horticultura creativa en espazos pequenos

Neste obradoiro practicaranse diversas técnicas para o cultivo en testos, xardineiras e diferentes recipientes, que as persoas participantes poderán levar para casa despois para seguir coidando das túas plantas.

Ensinarase a preparar a terra para mellorar o crecemento das hortalizas, realizar correctamente a plantación ou a sementeira, os mellores modos de rega, mellorar o fertilizantes e os diferentes labores de mantemento dos cultivos, tales como podar, entitorar, aporcar…

Lugar: CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns)
Xullo: 17 e 30 | Agosto: 20 | Setembro: 5

Obradoiro de construcións de hoteis para insectos

Nesta actividade os asistentes construirán cadanseu hotel para insectos como refuxio de especies beneficiosas, que levarán con eles para que o coloquen onde desexen.

Os insectos son imprescindibles nos espazos verdes, posto que son a base da cadea trófica. Por unha banda encárganse da polinización de moitas flores, como as abellas, avespas, moscas ou abellóns, sen as que moitas plantas non producirían nin sementes nin froitos. Outra función é a de exercer un control sobre determinadas pragas, coma no caso das xoaniñas (coleópteros) ou cadelas de frade (dermápteros) empregados en agricultura.

Lugar: CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns) Xullo: 18 | Agosto: 8 e 21 | Setembro: 6

Roteiros guiados polos espazos verdes

Todas as persoas interesadas en redescubrir os espazos verdes da cidade poderán inscribirse nunha seria percorridos saudables pola beira dos ríos e polos montes da cidade:

– Belvís – Banquete de Conxo > 8 e 31 de xullo + 19 de agosto + 4 de setembro > ás 11:30 horas no CIPX
– Monte do Viso > 9 de xullo + 1 e 22 de agosto > ás 11:30 horas no Multiúsos de Sar
– O Berce do Sar > 10 de xullo + 2 e 23 de agosto > ás 11:30 horas no Multiúsos de Sar
– Belvís – Brañas de Sar – Parque Carlomagno – Cotaredo – Bonaval – Belvís > 15 de xullo + 5 e 26 de agosto > ás 11:30 horas no CIPX
– Galeras – O Romaño > 16 de xullo + 6 e 27 de agosto > ás 11:30 horas no Campo Municipal de Santa Isabel
– Galeras – Ponte Sarela > 19 de xullo + 7 e 30 de agosto > ás 11:30 horas no Campo Municipal de Santa Isabel
– Monte Pedroso: Selva Negra e Granxa do Xesto > 22 de xullo + 13 de agosto + 2 de setembro > ás 11:30 horas no Campo Municipal de Santa Isabel
– Río Corgo: Galeras – Salgueiriños > 24 de xullo + 14 de agosto + 3 de setembro > ás 11:30 horas no Campo Municipal de Santa Isabel

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%