AD

Actualidad

Verea critica a proposta do BNG en Fitur: “O turismo de congresos é incompatible coa falta de taxis”

today22 enero, 2026

Fondo
share close
AD

• Nas súas declaracións, Verea subliñou que “o goberno nacionalista de Santiago está destruíndo ata o que parecía imposible, a nosa industria turística, un sector que contaba cunha gran fortaleza, pero que as políticas do BNG, nos últimos anos, está debilitando a un ritmo alarmante”.

• “O goberno nacionalista -dixo- ven ata Fitur a dicir que quere máis congresos, pero o que non din é a lamentable situación dos taxis en Santiago, a dos autobuses e que, neste mes de xaneiro, conseguiron, que peche un dos principais hoteis da cidade, como en todo, con este goberno nada funciona, con Goretti Sanmartín todo funciona peor».

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, destacou hoxe dende Madrid, ata onde se trasladou para participar na promoción de Santiago na Feira Internacional de Turismos (Fitur), que, “nos dous últimos anos a presenza do goberno de BNG e Goretti Sanmartín en Fitur está a ser de vergoña allea, vemos 12 pavillóns, centos de cidades e países que queren abrirse ao mundo, mentres Goretti Sanmartín e o BNG veñen ata Madrid a dicir que, en Santiago, os visitantes nos molestan”.

“A realidade é teimuda -explicou o popular- e os resultados están aí, un verán cos peores datos dende a pandemia; cun aeroporto que rexistrou medio millón de pasaxeiros menos; e sendo a capital de Galicia a única cidade que perde ocupación hoteleira dende o mes de xuño”.

Nas súas declaracións, Verea subliñou que “o goberno nacionalista de Santiago está destruíndo ata o que parecía imposible, a nosa industria turística, un sector que contaba cunha gran fortaleza, pero que as políticas do BNG, nos últimos anos, o está debilitando a un ritmo alarmante”.

O tamén parlamentario lembrou que, nesta edición, “o goberno de BNG e CA ven ata Fitur a dicir que quere máis congresos, pero o que non din é a lamentable situación dos taxis en Santiago, a dos autobuses e que, neste mes de xaneiro, conseguiron, incluso, que peche un dos principais hoteis da cidade, isto fai evidente que, como en todo, con este goberno nada funciona, con Goretti Sanmartín todo funciona peor».

Finalmente, Borja Verea insistiu en que “nós queremos unha cidade aberta ao mundo e cosmopolita, o BNG e Goretti Sanmartín todo o contrario, queren unha cidade illada e endogámica”.

 

 

 

 

 

 

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *