Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 octubre, 2024
O líder do PP de Santiago insistiu en que “non estamos falando de manifestantes, falamos de presuntos delincuentes que asaltaron uns negocios da cidade e temos aos responsables do goberno do BNG do lado deles e non dos propietarios e dos veciños que, lexitimamente, tiñan aberto un negocio”.
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, considera imprudentes as declaracións do BNG nas que se pon do lado dos asaltantes duns negocios no transcurso dunha manifestación este domingo. Por elo, Verea “esíxelle aos nacionalistas que se retracten ou desautoricen á concelleira que fixo unhas declaracións asegurando que a intervención policial fora excesiva”.
Para o popular “estamos ante unhas declaracións gravísimas, por outro lado esperadas, porque temos un goberno do BNG e unha alcaldesa que se pon directamente do lado, por exemplo, de Nicolás Maduro, e o seu partido do lado de Putin”.
“Isto é gravísimo, repetiu, representantes públicos poñéndose do lado de presuntos delincuentes que asaltaron negocios” e lembrou que “Santiago ten decenas e decenas de manifestacións moito máis numerosas que as doutro día, que nos poden gustar máis ou menos; e o comportamento sempre é impecable por parte dos manifestantes”.
Verea insistiu que “nesta ocasión, non estamos falando de manifestantes, estamos a falar de presuntos delincuentes que asaltaron uns establecementos e temos aos responsables do goberno do BNG e á alcaldesa poñéndose do lado deles e non dos propietarios e dos veciños desta cidade que, lexitimamente, tiñan aberto un negocio nese momento”.
“Respectamos, por suposto, o dereito de manifestación, as ideas que poden ir atrás dunha protesta poden gustar máis ou menos, pero son lexítimas, o que non respectamos son presuntos delincuentes que asaltan negocios; e que pola información que saíu nos medios de comunicación, creo que acordoaron ou o intentaron a comisaría de Santiago.
O líder popular remarcou que espera que goberno desta cidade “se poña do lado dos propietarios e dos negocios e non do lado, presuntamente insisto, de alborotadores agresivos que asaltaron negocios, eses non son manifestantes, creo que o hai que deixar moi claro, todo respecto, aos manifestantes, ás ideas que poida haber detrás dunhas reclamacións, pero non duns presuntos asaltantes e que deixan axentes da autoridade con lesións”.
Finalmente, Verea concluíu remarcando que en Santiago se producen “decenas e decenas de concentracións e nunca pasa nada, se pasou algo agora, como digo, ten toda a pinta pola información que temos, que xa non eran persoas nunha reivindicación lexítima, senón xente que estaba asaltando negocios”.
Cinco detidos tras un altercado no Burger King de A Senra durante unha protesta en apoio a Palestina
Escrito por Líder Redacción
compostela denuncia politica pp radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)