AD

Actualidad

Verea esíxelle ao BNG que «garanta a seguridade» para movilizar os pisos baleiros de Santiago

today29 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

  • Para elo, “solicitamos que o Goberno nacionalista asuma a súa responsabilidade e poña en marcha todas as potencialidades que ten, é dicir, todas as medidas administrativas, regulamentarias, de planificación de promoción, para acadar en Compostela unha política de vivenda 100 % santiaguesa”.
  • A consecuencia da “idea” deste Goberno nacionalista suporá: menos pisos en zonas tensionadas e prezos máis altos, loxicamente, nas zonas onde non se van limitar os prezos”, explicou.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, esixiulle hoxe ao Goberno do BNG que “garanta a seguridade aos pequenos propietarios, co fin de mobilizar os miles de pisos baleiros que existen en Santiago”. Para elo, “solicitamos que o Goberno nacionalista asuma a súa responsabilidade e poña en marcha todas as potencialidades que ten, é dicir, todas as medidas administrativas, regulamentarias, de planificación de promoción, para acadar en Compostela unha política de vivenda 100 por 100 santiaguesa”.

O popular destacou que o problema de vivenda é unha realidade na capital de Galicia, “a xente non atopa vivenda de calidade a prezos asequibles e, ademais, temos miles de pisos baleiros sen utilizar; e lamentamos que a solución que se lles ocorre ao BNG, coa axuda dos seu socios socialistas, sexa controlar e limitar os prezos de alugueiros”.

A consecuencia da “idea” deste Goberno nacionalista suporá: menos pisos en zonas tensionadas e prezos máis altos, loxicamente, nas zonas onde non se van limitar os prezos”, explicou.

“Temos miles de pisos baleiros e miles de veciños que non atopan vivenda, os propietarios non se atreven a poñer no mercado os seus inmobles, porque teñen medo a que non lle paguen o alugueiro; a que non lle saian da casa; a que lle destrocen a propiedade; e teñen medo a non poder rendabilizar o esforzo de rehabilitación que leva poñer no mercado unha vivenda”, asegurou.

Verea remarcou que “o Goberno nacionalista e o PSdG o que lles din a uns propietarios preocupados é que o propio Goberno do BNG vai ser o que decida o prezo co que teñen que colocar os seus pisos no mercado”, polo que, se esta medida segue adiante, cremos que vai xerar todo o contrario, o que vai a pasar é que nesas zonas tensionadas van desaparecer moitos deses inmobles, algo que pasa sempre que se toman medidas de control de prezos, sempre afecta á oferta, desaparecerán pisos do mercado de alugueiro no momento que se lle obrigue a eses propietarios a poñer un prezo por parte do Goberno do BNG”.

Por isto, Borja Verea indicou que, desde o Partido Popular de Santiago, “queremos darlle máis seguridade e garantías aos pequenos propietarios de pisos en alugueiro, esta sería a nosa xestión en política de vivenda, porque nós queremos que todo o mundo teña dereito a unha vivenda digna”.

Verea enumerou as medidas plantexadas polo seu partido, no caso de gobernar, para facilitar que estes miles de pisos baleiros entren, novamente, no mercado de aluguer. “Defenderemos aos pequenos propietarios con solucións ‘express’ para os ocupas, 24/48 horas fóra dos pisos que non están pagando; mentres que desde o BNG o que propoñen é máis impostos e máis regularización para os propietarios”, sinalou.

Así, engadiu que desde o PP queren menos impostos e o tripartito BNG, PSOE e CA aposta por controlar os prezos da xente que quere alugar os seus pisos, “nós queremos todo o contrario, liberdade para os propietarios para facilitar a colocación deses pisos nos mercados”.  Porque o intervencionismo, algo que parece estar de moda no goberno do Estado, apoiado polo BNG, non é a forma de traballar do Partido Popular.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%