Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today12 marzo, 2025
• O líder popular afirmou no Parlamento, tras a ausencia de condena por parte do goberno de Santiago e do BNG, estar convencido de que “se están enrocando nunha rúa sen saída”.
• Verea recoñeceu que “esperaba un pouco máis de valentía, tiña esa esperanza”.
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu pedir hoxe, desde o Parlamento de Galicia, unha condena expresa á alcaldesa de Santiago e ao BNG polo ataque machista da CIG a Fabiola García, conselleira de Política Social, pero tamén veciña de Santiago.
Verea recoñeceu que “esperaba un pouco máis de valentía, tiña esa esperanza”, porque “eu pedinlle ao concello de Santiago que defendera a unha veciña de Santiago, unha alcadesa muller que defendera a unha veciña de Santiago ante un ataque machista, pero non puido ser; que pena, verdade?”, lamentou.
E é que a semana pasada, desde o Partido Popular de Santiago se lle pediu expresamente en rolda de prensa á alcadesa de Santiago unha condena firme ante o ataque machista a Fabiola García, unha veciña de Santiago ademais de conselleira, pero o certo é que Sanmartín non foi quen de condenalo apelando a que o PP non está en situación de dar leccións de feminismo ao BNG.
Verea afirmou no Parlamento, tras a ausencia de condena por parte do goberno de Santiago e do BNG, estar convencido de que “se están enrocando nunha rúa sen saída, porque é unha auténtica pena que a alcaldesa de Santiago non teña a valentía de defender a unha veciña de Santiago dun ataque machista tan cutre”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)