Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 noviembre, 2024
• “Queremos -dixo- que o goberno resposte se recoñecen que o PP fixo o correcto ao levar o caso Desproi aos tribunais e, tamén, por que eles non o fixeron desde a oposición e sí desde o goberno, cando a documentación e a información era a mesma antes que agora?”.
• Verea remarcou que “queremos ser útiles e construtivos e estamos facéndoo, traballamos para que os cidadáns nos vexan como un goberno de progreso con enerxía, de futuro, fronte a un BNG acomplexado, pequeno e ineficaz, conseguimos máis nós desde a oposición que eles dende o goberno”.
O líder do Partido ¨Popular de Santiago, Borja Verea salientou hoxe en rolda de prensa que para el non é negociable a forma de facer oposición, “quero facer unha oposición últil, e construtiva, porque un dos traballos más importantes de liderar a oposición non é soamente fiscalizar os asuntos ou denunciar os erros; unha oposición responsable ten tamén que mostrarlle á cidadanía como será o noso futuro goberno”,
“Ademais das propostas, practicamente semanais que estamos facendo, -remarcou- hai grandes proxectos que están en marcha grazas a nós, a pesar dos obstáculos que puxeron BNG, PSOE e CA, un deles e a senda peonil e ciclista Santiago-Milladoiro, un proxecto transformador, ambicioso, de futuro e verde, de mobilidade alternativa que nos colocará á altura das principais cidades europeas, o proxecto urbano máis importante destas características que se está facendo en Galicia, pero que, desde o minuto un foi rexeitado polo goberno e os seus socios, este mesmo venres, a tenente de alcaldesa o tildaba de barbaridade, incluso coa nova modificación”.
Outro exemplo é a taxa turística, “xa que si o 1 de xaneiro hai taxa turística en Santiago é porque o Partido Popular de Alfonso Rueda e o PP de Santiago, de Borja Verea, quere que o 1 de xaneiro exista esa posibilidade de por en marcha este novo instrumento tributario e esa vontade quedará reflectida no Parlamento de Galicia, fronte a isto, temos un BNG que tería que estar xa traballando para xestionala, pero temos unha alcaldesa enfadada todo o día coa Xunta e facendo o ridículo, buscando se falta unha coma, un punto ou unha tilde no proxecto de Lei para seguir embarrando”.
“As vivendas colaborativas, 100% públicas de Xoán XXIII son outro bo exemplo, xa que alí, onde anteriores dirixentes do PP de Santiago non querían vivenda pública, eu si a quería, e hoxe é un proxecto xa en marcha, o primeiro en Galicia destas dimensións, por non falar do aparcadoiro do hospital Clínico, onde todos lembramos como foi cando presentei a proposta, todo eran risas, ocorrencias de Borja Verea e do Partido Popular, hoxe a mesma que criticaba esta proposta, asinou que é a mellor para a cidade e que se debe poñer en marcha” indicou.
Borja Verea remarcou que, “outra vez, onde os demais non conseguiron nada en anos, nós o conseguimos, queremos ser útiles e construtivos e estamos facéndoo, traballamos para que os cidadáns nos vexan como un goberno de progreso con enerxía e de futuro, fronte a un BNG, acomplexado, pequeno e ineficaz, conseguimos máis nós desde a oposición que eles dende o goberno”.
Ademais, asegurou que, por primeira vez, “puidemos ver claramente como o BNG se quitaba definitivamente a careta, protagonizando un feito, no pasado Pleno, que só se pode calificar de lamentable, demostrando que o pacto de perdedores de 6+6+2 o único que quería é que eu, gañando as eleccións con 11 concelleiros, non gobernase e non fose alcalde”.
Verea sinalou que quedou evidenciado “que non hai nada máis, nin teñen un plan, nin un programa e, este venres, o único que fixeron foi deixar á vista de todos que só lles interesan as súas liortas internas e non o interese xeral”.
“Preguntámonos por que o Partido Socialista non apoiou ao BNG que é o seu socio?, que mudou?, porque a realidade é que os socialistas apoiaron, en decenas de ocasións, ao BNG sen ter negociado nada previamente. Que foi o que cambiou?”, subliñou o líder popular. A resposta é sinxela “o que cambiou foi que a semana pasada coñecemos que o BNG denunciaba, como acusación, ao PSOE no caso Desproi, e o partido socialista mandou un aviso a navegantes, pero o que quedou patente é que están xogando cos intereses de toda a cidade”.
Borja Verea destacou que “queremos que o goberno resposte a se hoxe recoñecen que o PP fixo o correcto ao levar o caso Desproi aos tribunais como están facendo eles agora e, tamén, por que eles non o fixeron desde a oposición e se desde o goberno, cando a documentación e a información era a mesma antes que agora?, porque o xulgado fixo dilixencias, porque a Fiscalía tamén denunciou ou porque xa non necesitaban os votos do partido socialista para chegar e manterse na alcaldía”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)