AD

Actualidad

Verea: «O obxectivo para 2027 é acadar a maioría máis grande da historia de Santiago»

today2 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • O líder popular destacou o traballo desenvolvido cun dato incuestionable: “Máis de 400 propostas defendidas por un equipo eficaz, comprometido e profundamente santiagués”.
  • Os últimos tripartitos de PSOE, BNG e Compostela Aberta “non foron quen de dar resposta aos principais problemas da cidade, como os autobuses, a rotura de tubaxes, a limpeza, o tráfico ou a vivenda”, sinalou Verea.

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, asegurou hoxe en rolda de prensa que o seu obxectivo e o do seu equipo é “conseguir en 2027 a maioría máis grande da historia de Santiago”.

“Temos claro que en 2027, ou o cambio é total ou non haberá cambio”, afirmou con rotundidade. E salientou que están preparados para liderar “un cambio real, non para administrar inercias”, advertindo que ese cambio só será posible cun “mandato democraticamente inequívoco”.

Borja Verea afirmou ademais que “con seguridade e con confianza, temos claro o rumbo, e non nos temblará o pulso para mantelo” e apuntou que “a nosa folla de servizos esta a vista de todo o mundo: teño o mellor equipo, temos máis ganas, e temos demostrado o noso traballo  liderando a oposicion con mais de 400 iniciativas e propostas”. “Estando sempre por diante dunha coalición tripartita fallida, finiquitada e inoperante, e que hoxe é xa unha decepción incluso para os seus, que non teñen argumentos para defender unha xestión nefasta desa coalición de minorías obscenas”, concluía o líder popular.

“Máis de 400 propostas defendidas por un equipo eficaz, comprometido e profundamente santiagués, ao que hai que sumar o programa de goberno que tivo o respaldo maioritario dos composteláns” insistía o líder popular, “fronte ao que temos diante que era unha coalición incialmente de seis concelleiros de PSOE, seis concelleiros do BNG e dous concelleiros de CA, que hoxe non existe, unha coalición fallida”.

O líder popular insistiu en que “imos seguir con traballo e tenacidade”. “O meu deber, o deber de liderar a oposición, é amosar e demostrar que hai outro camiño, e que non aspiramos a contentar a todos, senón a gobernar ben”, destacou. “Santiago necesita liderado e non improvisación”, remarcou, “estamos aquí para iso”.

Durante a súa intervención, Borja Verea fixo un balance moi crítico do actual goberno municipal e apuntou que as últimas coalicións tripartitas de PSOE, BNG e Compostela Aberta “non foron quen de dar resposta aos principais problemas da cidade, como os autobuses, a rotura de tubaxes, a limpeza, o tráfico ou a vivenda”.

“Neste inicio de curso político e entrando na fase final dun goberno decepcionante imos a seguir traballando e poñemos un obxectivo, unha meta clara e comprensible: “conseguir en 2027 a maioría máis grande da historia de Santiago, co convencemento de que imos gobernar, pero tamén co convencemento de que é convinte que o fagamos”, comprometéndose Borja Verea para así “consolidar en Santiago un goberno en sintonía cos valores e intereses das principais capitais europeas: progreso, futuro e estabilidade”.

Verea rematou destacando que “con total transparencia, teño e temos o mellor equipo, que é coñecido, teño e temos o mellor programa, que é coñecido, teño e temos máis ganas, que son coñecidas, e demostramos o noso traballo con ese dato incuestionable: máis de 400 iniciativas pensando só no interese de Santiago, que tamén son coñecidas”

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *