AD

Actualidad

Verea pedirá a reprobación da alcaldesa no Pleno e no Parlamento por «defender a presuntos delincuentes»

today17 octubre, 2024

Fondo
share close
AD
  • “O que nos tememos -continuou Verea- é que o BNG xa non é quen de disimular o seu radicalismo, que cada vez máis a miúdo, asoma nas súas declaracións e non seus actos”, salientou Verea.
  • Tras o comunicado dun sindicato policial no que se afirma que os presuntos delincuentes portaban armas blancas; gustaríanos saber se de verdade a alcadesa e o BNG siguen crendo que a actuación dos corpos e forzas de seguridade foi excesiva”, preguntouse o líder popular

O líder do Partido Popular, Borja Verea, trasladou, no Comité Executivo Local, que pedirá a reprobación da alcaldesa de Santiago no vindeiro Pleno ordinario do Concello de Santiago e no Parlamento de Galicia por posicionarse do lado dos radicais que, o pasado 6 de outubro, en Santiago, tras unha manifestación proPalestina asaltaron un establecemento, ubicado na rúa da Senra, e deixaron nove policías feridos.

Verea lamentou que a alcaldesa nacionalista preferise defender aos presuntos atacantes violentos en lugar de apoiar ao negocio asaltado, cidadáns e policías, vítimas deses feitos.

Os altercados aconteceron ao rematar a concentración, cando algúns participantes dirixíronse cara a un negocio de restauración situado no centro da cidade e, unha vez alí, un grupo de 20 individuos, accederon ao local portando pancartas, bandeiras, tambores e lanzando panfletos, fustrigando aos traballadores e aos clientes que alí estaban. Estes incidentes requiriron da actuación de varias dotacións da Policía Nacional para que os presuntos delincuentes cesasen na súa actitude e permitisen continuar coa actividade ordinaria do local, pero, como resultado nove policías foron feridos, un deles cun cóbado roto.

Para Verea resulta inconcibible que, despois destes feitos, o BNG decidise cualificar a actuación policial como “algo excesiva”, tal como declarou a súa portavoz, Miriam Louzao, referendada pola alcaldesa, Goretti Sanmartín. “Hoxe mesmo, coñecemos un comunicado do sindicato maioritario da Policía Nacional no que afirman que os presuntos delincuentes portaban cadeas metálicas con mosquetón, abrazadeiras metálicas, tesoiras e navallas; gustaríanos saber se de verdade a alcaldesa e o BNG siguen crendo que a actuación dos corpos e forzas de seguridade foi excesiva”, preguntouse o líder popular

“O que nos tememos -continuou Verea- é que o BNG xa non é quen de disimular o seu radicalismo, que cada vez máis a miúdo, asoma nas súas declaracións e non seus actos, polo que xa non nos sorprendente que os nacionalistas se poñan á carón dos violentos e en contra dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que, no cumprimento da lei, non estaban máis que restablecendo a seguridade e a orde pública, tarefa que pagaron con nove axentes feridos para os que nin a voceira, nin a alcaldesa Goretti Sanmartín do BNG tiveron palabras de alento”, remarcou.

O popular subliñou, durante o Comité Executivo do PP de Santiago, que, “como sempre, o BNG colócase onde máis cómodo se sinte, cos radicais e os violentos, como demostra o feito de que tampouco houbese palabras para os traballadores do negocio asaltado nin contra as pintadas vandálicas que se fixeron”. Nese senso, “Santiago non merece unha alcaldesa que se pon do lado dos presuntos delincuentes violentos e non defende á maioría dos veciños”, sinalou Verea.

Sinalou ademais que “o BNG goberna só para os seus amigos e a súa axenda radical, esquecendo que perderon claramente as eleccións con 6 concelleiros de 25, sen aceptar que non representan o sentir maioritario de Compostela, que sempre se situou ao carón das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que traballan para garantir a seguridade de todos”. “Polo que estamos ante un goberno, o goberno nacionalista, con menos educación democrática da historia de Santiago, que o único que está a facer é poñer en marcha políticas letais para Compostela”, engadiu.

Nesa líñea, Verea afirmou estar convencido de que “moito do socialismo compostelán está horrorizado coas prácticas radicais deste BNG de Santiago, que está aí polos votos do seu partido”, e fixo fincapé en que “eu vou seguir traballando humildemente para conseguir a súa confianza e poder gobernar para todos”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%