AD

Actualidad

Verea pídelle ao Goberno do BNG «transparencia» e entregue o borrador dos Orzamentos

today26 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Ante tan anómala situación, este sábado, o líder popular remitiulle unha carta á alcaldesa para que lle fora facilitada dita documentación, tendo en conta, ademais, que o Goberno do BNG leva máis de 10 días negociando co partido socialista.
  • A falta de transparencia non é nada novo, posto que o Goberno nacionalista xa amosou as súas maneiras pouco democráticas no pasado Pleno ordinario, cando impediu que se debatesen distintos puntos da orde do día, tal é como permite o regulamento.

Cando teñen pasado xa varios días, desde que o Goberno do BNG presentara o borrador de Orzamentos municipais para o ano 2024 ante os medios de comunicación, o Partido Popular nada sabe desas contas. O líder popular, Borja Verea, insiste en que, con esta actitude, se impide a labor da oposición e “desde o Partido Popular queremos defender os dereitos de todos os composteláns”.

Ante tan anómala situación, este sábado, os populares remitíronlle unha carta á alcaldesa co fin de que lle fora facilitada dita documentación, tendo en conta, ademais, que o Goberno do BNG leva máis de 10 días negociando co partido socialista.

A falta de transparencia non é nada novo, posto que o Goberno nacionalista xa amosou as súas maneiras pouco democráticas no pasado Pleno ordinario, cando impediu que se debatesen distintos puntos da orde do día, tal é como permite o regulamento.

Así, o líder do Partido Popular de Santiago reitera a súa solicitude para que lle sexa entregada a documentación relativa ao borrador de Orzamento 2024 e lle lembra ao Goberno do BNG que esta falta de respecto non é so contra unha forza política, senón tamén contra uns veciños e veciñas que, maioritariamente, decidiron que a súa representación no Concello estivese liderada por Borja Verea.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%