Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 septiembre, 2025
• O líder popular advertiu que : “Todos coñecemos xa a receita do BNG e CA para Santiago, e é ben sinxela: máis impostos, menos fogares. Prohibir, expropiar, sancionar”.
• “Nós apostamos por premiar a quen alugue, non en castigar a quen non poida, incentivar e non sancionar. Ese é a nosa proposta para mobilizar vivenda en Santiago ¿Por que, en lugar de subir os impostos un 150% ás vivendas baleiras, non baixamos os impostos a aqueles propietarios que destinen a súa vivenda a aluguer?”, sinalou.
O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, cargou hoxe contra a decisión do goberno municipal do BNG de incrementar un 150% o Imposto de Bens Inmobles (IBI) para as vivendas baleiras. Verea acusou ao executivo local de apostar pola sanción en lugar de polo incentivo e presentou as propostas do seu equipo para facilitar o acceso á vivenda.
“Nós apostamos por premiar a quen alugue, non en castigar a quen non poida, incentivar e non sancionar. Ese é a nosa proposta para mobilizar vivenda en Santiago. ¿Por que, en lugar de subir os impostos un 150% ás vivendas baleiras, non baixamos os impostos a aqueles propietarios que destinen a súa vivenda a aluguer?”, sinalou.
O popular advertiu de que o modelo do BNG e CA “recargar máis impostos mentres faltan as solucións de vivenda”. “Todos coñecemos xa a receita do BNG para Santiago, e é ben sinxela: máis impostos, menos fogares. Prohibir, expropiar, sancionar”, lamentou. Así, a pesar de afirmar non querer poñer en dúbida as boas intencións do BNG, Verea destacou que “esta subida do IBI, que din que ten intención disuasoria, volve demostrar o infantilismo e bisoñez dunha alcaldesa e concelleiros non preparados; demostrárono co rexistro de soares, coa empresa pública de vivenda e coa declaración de zona tensionada”. Nese senso preguntou “para que queren recadar máis se nin siquera son capaces de gastar o que teñen. Cantos máis impostos, peor funciona a cidade. E o mellor exemplo é o contrato do lixo, que nunca tanto custou aos composteláns e nunca tan sucia estivo Santiago”.
Verea lembrou que o presentou máis de 400 iniciativas neste mandato, incluídas as súas propostas para mobilizar vivenda baleira. “As nosas propostas están aí, son coñecidas, están no noso programa electoral e nas 400 iniciativas que presentamos neste mandato, está a disposición de todos os santiagueses. ¿Qué propoñemos para mobilizar vivendas baleiras? En lugar de subir o IBI un 150%, propoñemos unha redución significativa do IBI a quen acredite que aluga a prezos accesibles ou cun contrato de longa duración dentro dun programa municipal. Subvencións á rehabilitación a cambio de aluguer; axudas para reformar a cambio de que o propietario destine a vivenda ao aluguer durante un período mínimo”.
O líder popular lembrou tamén algunhas das medidas máis sonadas do seu programa electoral como “a creación dun banco público de vivenda baleira, onde o concello actúa como garante das rendas creando fogares accesibles, ou a conversión de baixos en vivendas en zonas onde os locais comerciais levan máis de 20 anos baleiros”. Fixo fincapé ademais na necesidade de “axilizar as licenzas de obra e rehabilitación para vivendas antigas e no fomento das vivendas colaborativas para os maiores con servizos compartidos”.
O tamén deputado autonómico insistiu en que “se anule a mercantilización do solo público que ten en marcha o BNG e se dedique ese solo a vivendas 100% públicas onde un piso de 80m2 costaría 100.000€ porque estaría bonificado, e non 200.000€ como pretenden os nacionalistas”.
Verea lamentou que o BNG siga instaurado nesa política da improvisación e os anuncios baleiros, “antes as nosas propostas o BNG, pola contra, propón un recargo á nada, cobrar polo aire mentres faltan solucións de vivenda. O que terían que recargar non é o IBI ás vivendas baleiras senón un imposto ás súas ideas baleiras’”. E cualificou de “inxusto” as “penalizacións sen alternativa” que suporá este imposto por exemplo “en zonas rurais ou menos demandadas onde non é sinxelo atopar mercado para alugar ou vender”.
Así para o líder popular a solución pasa por “premiar, e non por castigar”. “Máis vivenda en aluguer grazas a incentivos. En definitiva, un IBI máis xusto, non máis caro, premiar a quen contribúa ao acceso á vivenda”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)