AD

Actualidad

Viaqua e IGAXES renovan a súa alianza para apoiar o talento xuvenil en situación de vulnerabilidade

today23 julio, 2025

Fondo
share close
AD
  • O novo acordo consolida o compromiso de ambas entidades co acceso igualitario á formación e ao emprego para a mocidade en risco de exclusión social.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025. Viaqua, empresa galega líder na xestión sostible da auga, e a entidade social IGAXES veñen de renovar o seu convenio de colaboración para impulsar as bolsas sociais ‘Talento Profesional’ e ‘Talento Mozo’, iniciativas impulsadas para fomentar a igualdade de oportunidades e o acceso á formación e ao emprego entre a mocidade en situación de vulnerabilidade.

O novo acordo, asinado o 17 de xullo de 2025, consolida a alianza entre ambas entidades logo dos bos resultados obtidos nas convocatorias anteriores. A renovación reafirma o compromiso compartido por promover un futuro máis equitativo e sostible para a xuventude galega.

En virtude deste convenio, Viaqua financiará e coordinará o programa de bolsas, mentres que IGAXES asumirá o acompañamento pedagóxico e psicosocial das persoas seleccionadas. Durante todo o curso académico 2025-2026, IGAXES realizará un seguimento personalizado de cada persona beneficiada, tanto a nivel académico como emocional, e manterá contacto coas súas familias para asegurar o máximo aproveitamento das axudas concedidas.

Ademais do seguimento mensual e da orientación individualizada, IGAXES participará tamén no proceso de preselección e valoración das candidaturas, elaborará informes de progreso e colaborará estreitamente co equipo de Acción Social de Viaqua para garantir unha intervención coordinada.

“Desde Viaqua cremos firmemente que o talento non debe depender das circunstancias de nacemento. Renovar este acordo con IGAXES permítenos seguir derrubando barreiras e contribuír activamente á construción dunha sociedade máis xusta e cohesionada”, declarou Nicolás Esmorís, director executivo de Viaqua.

“O éxito da primeira edición demóstranos que cando se pon no centro ás persoas, especialmente ás máis novas, o impacto é real e transformador”.

Esta iniciativa busca acompañar no percorrido académico e profesional de mozos e mozas con potencial, ofrecéndolles non só apoio económico, senón tamén o soporte humano e técnico necesario para desenvolver todo o seu talento.“Para IGAXES, poñer á persoa no centro non é un lema: é unha maneira de traballar. Sabemos que moitos mozos e mozas parten con desvantaxe, e por iso precisamos camiños que garantan a equidade educativa e o acceso real ás mesmas oportunidades”, sinala Carlos Rosón, director de IGAXES. “A renovación deste convenio con Viaqua é unha boa nova: significa máis bolsas, máis oportunidades e máis futuro para un colectivo que adoita quedar fóra.”

Con esta nova edición, VIAQUA e IGAXES queren seguir ofrecendo unha oportunidade real a quen máis o precisa, apostando por un modelo de intervención que pon no centro o potencial da mocidade e reforza a súa capacidade para construír un futuro digno e autónomo. A segunda convocatoria das bolsas Talento Mozo permanecerá aberta ata o 30 de setembro de 2025 e poden consultarse as bases na páxina web de Viaqua (www.viaqua.gal).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *