AD

Actualidad

Viaqua reafirma o seu compromiso social co seu programa ‘Auga, Saúde e Infancia’

today27 marzo, 2025

Fondo
share close
AD
  • A compañía segue avanzando na súa estratexia de acción social apoiando o desenvolvemento de 6 novos proxectos

Santiago de Compostela, 27 de marzo.- Viaqua, empresa galega líder na xestión do ciclo integral da auga, celebrou na súa sede, ‘A Vila da Auga’, o acto de sinatura dos convenios do seu programa ‘Auga, Saúde e Infancia’, unha nova iniciativa social que reafirma o seu compromiso co benestar das persoas nos municipios onde está presente.

Este programa ten como obxectivo apoiar proxectos que promovan accións e actividades asistenciais, sanitarias, científicas e de lecer. Os proxectos seleccionados traballan desde distintas perspectivas, pero todos comparten un enfoque común: mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias.

Entre as entidades beneficiarias desta primeira convocatoria atópanse a Fundación Andrea, Down Compostela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, Aspanaes, Asotrame e Asanog. Representantes das entidades beneficiaras asistiron á sinatura dos convenios, onde tamén estiveron presentes Nicolás Esmorías, director executivo de Viaqua, e Javier Díez, director territorial de Veolia.

Na súa intervención, Nicolás Esmorís, subliñou a importancia desta iniciativa: «Desde Viaqua entendemos que a nosa responsabilidade vai máis alá da xestión eficiente da auga. Somos parte activa das comunidades nas que traballamos e con ‘Auga, Saúde e Infancia’ queremos contribuír a crear sociedades máis xustas, sostibles e saudables, apostando por proxectos que impacten directamente na vida das persoas.»

Nesta edición, o programa permitirá levar a cabo iniciativas como proxectos asistenciais, sanitarios ou científicos; actividades que fomenten a protección do medio ambiente e a concienciación sobre a importancia da auga ou o apoio a nenos e mozos que padecen enfermidades, garantindo as súas necesidades básicas e das súas familias.

A compañía agradeceu ás entidades participantes o seu traballo e compromiso, destacando a importancia de tecer alianzas entre o tecido empresarial e social para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria e consciente.

Un compromiso social con impacto real

A acción social de Viaqua baséase nunha máxima fundamental: non deixar a ninguén atrás. A través de convenios con diferentes entidades, a compañía impulsa proxectos como a creación dun fondo social rexional para o pagamento de recibos da auga xunto a Cruz Vermella ou a as Bolsas Talento Mozo e Talento Profesional coa colaboración de Igaxes, para axudar a estudantes con dificultades a continuar a súa formación. As áreas prioritarias de Viaqua abranguen a inclusión social, a educación ambiental e a mellora das condicións de vida nos municipios onde está presente.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *