AD

Actualidad

VIDEO | «A alianza das forzas minoritarias é un freo constante ao desenvolvemento de Santiago»

today20 enero, 2025

Fondo
share close
AD
  • “Esta coalición de PSOE-BNG-CA segue levando á nosa cidade ao desgoberno, esta alianza de forzas minoritarias é un freo constante ao desenvolvemento de Santiago. Son xa moitos anos renunciando ao estatus de liderado como capital de Galicia e como capital universal que somos”, subliñou Borja Verea, presidente do PP compostelán

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea quixo manifestar, en rolda de prensa, que “Santiago está por enriba de min, por enriba, sobre todo, de calquera interese partidista e de pactos minoritarios que condenan o noso futuro” e engadiu que “o noso compromiso como primeiro partido da cidade é con todos os composteláns, aos que lle dicimos, sen complexos, fisuras e sen ningún tipo de titubeos que estamos preparados e dispostos para devolver o papel protagonista que Santiago de Compostela merece”.

“Aí imos a estar sempre -subliñou- na recuperación do liderado; nas solucións desde a unidade; no compromiso cos cidadáns; no progreso colectivo e na consolidación do carácter universal da cidade”.

Así mesmo, o popular manifestou a súa preocupación, “que -engadiu- é a preocupación de todos os composteláns por unha situación que Santiago non merece. Comparto hoxe a sensación de todos santiagueses, que se están facendo a mesma pregunta: que está pasando?, cara onde imos?, somos testemuñas directas dunha crise aberta que non ten ningunha relación cos intereses xerais da cidade”.

“Esta coalición de PSOE-BNG-CA segue levando á nosa cidade ao desgoberno, esta alianza de forzas minoritarias é un freo constante ao desenvolvemento de Santiago. Son xa moitos anos renunciando ao estatus de liderado como capital de Galicia e como capital universal que somos”, indicou.

O líder popular remarcou que “nos doe, especialmente, esa renuncia á capacidade de liderado e dóenos, tamén, ese dano a imaxe da cidade por intereses persoais de perfil baixo, nós non renunciamos, nós non aceptamos esa condena a unha continua situación de parálise”.

Finalmente, destacou que “é un momento de inestabilidade e de incertidume, un desgoberno que produce dúbidas, inseguridades e parálise que son os grandes inimigos do progreso e da consolidación dunha cidade que xa ten demostrado que dende a unidade, remando na dirección correcta Santiago é invatible”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *