Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 junio, 2024
5 de xuño de 2024. O Partido Popular de Galicia comprometeu hoxe a súa defensa e protección do Estado de Dereito, tamén ante Europa, fronte aos ataques que Pedro Sánchez está perpetrando contra a igualdade de todos os cidadáns e que se exemplifican na discriminación que sofre Galicia e na aprobación da Lei de Amnistía
Cuestións como estas son as que se dirimen este domingo nas eleccións ao Parlamento Europa e por iso os populares poñen o foco na importancia de acudir masivamente ás urnas: “Quedar na casa é avalar a amnistía, a corrupción que rodea a Sánchez, os pactos cos independentistas e a Lei do só si é si. En definitiva, quedar na casa é permitir que Sánchez saia a dicir que España lle dá a razón”.
A secretaria xeral do partido, Paula Prado, explicou nesta liña que o exercicio do voto é cuestión de poucos minutos pero, en cambio, é moito o que Galicia se xoga nestes comicios: “Xogámonos ter unha presenza forte en Europa, onde todos os días se deciden asuntos que nos afectan, e xogámonos a oportunidade de dicir o que pensamos e de dicir ao Goberno de Sánchez que xa está ben”.
Pola súa banda, o candidato Adrián Vázquez apuntou que a defensa do Estado de Dereito e da separación de poderes non só é algo intrínseco na misión e nos valores do proxecto europeo, senón tamén a única garantía fronte a “líderes que utilizan as institucións como o seu cortijo persoal e dedican máis tempo a levantar cortinas de fume que a gobernar”.
Isto foi precisamente o que intentou trasladar aos alumnos e profesores da Universidade de Santiago de Compostela cos que se reuniu hoxe, a quen lles explicou a capacidade de acción que ten Europa ante ataques á democracia en si mesma nos países membros.
“Nestes cinco anos vimos como Polonia e Hungría, cuxos líderes intentaron usurpar o poder xudicial sinalando a xuíces e a medios de comunicación, acabaron cun bloqueo dos fondos europeos que precisan para o seu desenvolvemento. Algo que pode pasar tamén en España se seguimos por esta senda”, afirmou.
Vázquez concluíu asegurando que Pedro Sánchez “en vez de estar gobernando o que quere é estar no Goberno” e pediu á cidadanía que non se deixe enganar: “A única carta que importa é a citación xudicial que recibiu a muller do presidente”.
A RESPOSTA DA MOCIDADE
Aproveitando a realización das probas da ABAU e proximamente o inicio dun novo curso universitario, a secretaria xeral do PPdeG aproveitou a ocasión para trasladarlles a todos os estudantes galegos os seus mellores desexos e a boa nova de que o próximo ano terán a matrícula de balde “grazas ao Goberno galego e ao compromiso do presidente Alfonso Rueda”.
Unha medida que para Paula Prado é o reflexo de que o seu partido é “o que mellor defende os dereitos da mocidade galega” e de que, precisamente por iso, foron a opción máis votada polos menores de 30 anos nas pasadas eleccións autonómicas. “Máis do 40% dos mozos e mozas galegas xa nos apoiaron o 18 de febreiro e queremos que o volvan facer o 9 de xuño”, remarcou.
Written by: Líder Redacción
compostela eleccions europa galicia politica PPdG radio lider santiago santiago usc
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)