AD

Destacado

VIDEO | Rueda sobe á noria e come polbo nas festas da Ascensión

today9 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

9 de maio de 2024.- O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, participou hoxe nas tradicionais Festas da Ascensión en Santiago de Compostela acompañado pola secretaria xeral do partido, Paula Prado, o presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo, o portavoz do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos, e o presidente do PP local, Borja Verea.

Durante o percorrido realizado pola Alameda compostelá, o líder dos populares galegos recibiu numerosas mostras de afecto por parte das persoas que se achegaron ata este emblemático punto da capital para desfrutar destes festexos. A todas elas o presidente quixo corresponder reiterándolle o seu compromiso con Galicia e con Santiago de Compostela.

Non en balde, Rueda elixiu esta cidade para iniciar o que no seu día definiu como “o camiño máis importante” da súa vida: o camiño cara a súa primeira maioría absoluta do 18 de febreiro. Unha maioría á que contribuíu o feito de que case o 50% dos votos depositados polos composteláns nas urnas fosen para o PPdeG.

O presidente asegurou que devolverá esa confianza apostando polo futuro e o avance de Santiago de Compostela e, para iso, contará co apoio de Borja Verea e de todo o partido local. Precisamente, a todos eles quixo agradecerlles o seu labor diario poñendo o foco nos problemas reais dos veciños e facendo fronte ao nacionalismo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%