AD

Actualidad

Vite e Monte de Deus para Verea: a “zona cero” dos barrios desatentidos

today2 agosto, 2025

Fondo
share close
AD

Segundo afirmou o líder popular, “son un reflexo máis da situación na que se atopa Santiago enteira: sexa cal sexa o barrio que visitemos, a falta de coidado e atención por parte do goberno nacionalista é evidente”.

• Verea sinalou que “levamos meses denunciando situación similates en diferentes puntos da cidade, Guadalupe, Fontiñas, Sar, A Peregrina, A Barciela, Río Sarela, Vista Alegre, Castiñeiriño, O Pexigo, Meixonfrío, Figueiras, Laraño, e o BNG segue sen dar solucións á veciñanza destas zonas que sofren o mal estado do seus barrios a diario.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, visitou os barrios de Monte de Deus e Vite, acompañado do concelleiro José Ramón de la Fuente, para coñecer de primeira man as necesidades dunha contorna marcada polo abandono e a falta de mantemento.

Durante a visita, na que se reuniu coa asociación de veciños e percorreu distintos puntos da zona, Verea comprobou o “notable deterioro” destes barrios, aos que cualificou como “zona cero” dos barrios desatendidos, e que, segundo afirmou, “son un reflexo máis da situación na que se atopa Santiago enteira: sexa cal sexa o barrio que visitemos, a falta de coidado e atención por parte do goberno nacionalista é evidente”.

Verea sinalou que “levamos meses denunciando situación similaRes en diferentes puntos da cidade, Guadalupe, Fontiñas, Sar, A Peregrina, A Barciela, Río Sarela, Vista Alegre, Castiñeiriño, O Pexigo, Meixonfrío, Figueiras, Laraño, e o BNG segue sen dar solucións á veciñanza destas zonas que sofren o mal estado do seus barrios a diario.

Nesta ocasión, o líder popular denunciou o estado das zonas verdes e da contorna do miradoiro de Monte de Deus, “un dos máis espectaculares da cidade, completamente deixado á súa sorte, sen ningún tipo de seguridade nin servizos”.

Así mesmo, destacou os problemas estruturais que sofren estes barrios, como o mal estado do firme, a falla de canalizacións axeitadas que provocan inundacións cada vez que chove con forza, ou a escaseza de colectores de lixo. “É incrible que a asociación de veciños leve tempo reclamando máis colectores e a estas alturas o Concello non teña nin respondido”, sinalou Verea.

O líder popular acusou ao goberno de BNG e CA de “falla total de capacidade de xestión”, e afirmou que “a cidade está paralizada, con servizos básicos que non funcionan e sen ningunha atención ás necesidades reais da veciñanza”.

Por último, comprometeuse a seguir poñeno na axenda pública estas demandas e esixiulle ao executivo local “unha intervención inmediata, completa e integral en Monte de Deus e Vite, para poñer fin ás múltiples deficiencias que sofre esta zona da cidade e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *