AD

Deportes

Vladimir Brodziansky regresa ao Monbus Obradoiro

today27 enero, 2025

Fondo
share close
AD

O xogador eslovaco, Vladimir Brodziansky, volve a que foi a súa casa durante as tempadas 18-19 e 19-20 para reforzar o plantel do Monbus Obradoiro de cara á segunda volta da competición ligueira.

Nesta tempada e ata hai uns días, cando rescindiu o seu contrato, formou parte do UCAM Murcia na Liga Endesa, onde disputou un total de 17 partidos ata a data, acadando unha media de 8 puntos, 3.2 rebotes e 0.6 asistencias por encontro.

Brodziansky conta cunha ampla experiencia no baloncesto español, xa que, ademais da súa etapa no Monbus Obradoiro e no UCAM Murcia, xogou durante catro tempadas no Joventut Badalona, en dúas etapas diferentes.

Héctor Galán, director xeral do Monbus Obradoiro, móstrase moi satisfeito de anunciar a incorporación de Vlado Brodziansky ao equipo. “É unha oportunidade que atopamos no mercado e un esforzo importante por parte do Consello de Administración para que o xogador recalase en Santiago. É un xogador de sobra coñecido no baloncesto español polas súas tempadas na Liga ACB e, obviamente, polos seus dous anos en Santiago, onde rendeu a un alto nivel.”

Galán opina que o eslovaco pode desempeñarse en ambas as dúas posicións interiores. “Ten unha gran envergadura, boa man exterior, bo xogo de poste baixo, un gran poderío no rebote e capacidade de intimidación. Vén para reforzar o equipo, facer máis competitivo o xogo para afrontar da mellor maneira posible a segunda parte da competición.”

Desde o club, estamos moi agradecidos ao xogador e á súa axencia pola colaboración, o interese e o esforzo que fixeron para vir a Santiago. “Asumiu un compromiso connosco e co noso obxectivo. Estamos desexando velo no Sar e que o público poida gozar del.”

“Deséxolle toda a sorte do mundo para que teña unha gran tempada connosco. A súa adaptación será máis doada, xa que coñece perfectamente Santiago, Sar e o club.”

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *