AD

Actualidad

Volve a Gladiator Race Cidade da Cultura con 2.000 participantes, obstáculos e solidariedade

today8 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

Hoxe tivo lugar no Hotel OCA Puerta del Camino a presentación oficial da Gladiator Race Cidade da Cultura, que se celebrará o vindeiro sábado 13 de setembro en Santiago de Compostela. A cita reunirá a 2.000 participantes, entre categorías kids e adultos, nun enclave excepcional como é a Cidade da Cultura, cuxas características converten este espazo nun lugar idóneo para acoller unha proba de resistencia destas dimensións.

Esta será a terceira edición solidaria a favor da asociación Art for Dent, que mantén desde a primeira edición unha estreita colaboración coa carreira. A implicación é máxima, contando incluso cun equipo propio de 400 participantes que competirán cun dobre obxectivo: superar os retos deportivos que presentan os obstáculos e dar visibilidade á investigación da enfermidade de Dent, unha enfermidade renal rara que aínda non ten cura, baixo o lema: UN RAIO DE LUZ

Entre as probas, volve a Rampa Mont Blanc, unha das máis emblemáticas e máis desexadas polos participantes da Gladiator Race. Un desafío que esixe forza, resistencia e traballo en equipo, e que representa á perfección a loita constante fronte aos obstáculos da investigación científica.

O acto de presentación contou coa presenza de numerosas personalidades do ámbito científico, deportivo, social e cultural, entre elas:

  • Ana Isabel Vázquez, directora xerente da Cidade da Cultura.
  • Modesto Rouco Vilar, xefe do Servizo de Fomento e Xestión Deportiva da Xunta de Galicia.
  • Serafín Martínez, organizador da Gladiator Race.
  • Javier Pena Boquete, family Banker de Banco Mediolanum en Santiago de Compostela.
  • Sandra García Redondo, family Banker de Banco Mediolanum en Santiago de Compostela.
  • Javier Nicolás Blanco, xerente do Centro Comercial As Cancelas.
  • Miguel Ángel García, director de Nefrochus, xunto co seu equipo de investigación que tamén estiveron presentes no acto.
  • Noa Carrera, bióloga do equipo de Nefrochus e referente en xenética renal, recentemente galardoada cun premio da Sociedade Española de Nefroloxía.
  • Lalo Crespo, director do Hotel OCA Puerta del Camino, anfitrión do acto.
  • María Castelao, presidenta de Art for Dent, que subliñou a importancia deste tipo de eventos para superar obstáculos e avanzar na investigación de enfermidades raras, e agradeceu o apoio e agarimo desta proba e dos seus patrocinadores durante estos anos.

A Gladiator Race Cidade da Cultura combina deporte, superación, solidariedade e espírito de equipo nunha xornada única que converterá Compostela no epicentro do deporte e da cooperación social.

Ademais, durante a presentación tamén se anunciou o Cóctel Solidario, que terá lugar ese mesmo día a partir das 21:30 horas no Hotel OCA Puerta del Camino. As entradas teñen un prezo de 20 € solidarios, cuxa recadación irá destinada á causa.

O evento contará coa actuación en directo do grupo “2 hombres y tercio”, numerosos e estupendos sorteos de Jessica Fabeiro, Ana Mancebo, Eferro, Santiago en Vivo e O Sendeiro, animación infantil e máis sorpresas. As entradas poden adquirirse no seguinte enlace:

https://www.deporticket.com/web-entrada/12001-coctel-concierto-gladiator-race?fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEAAafQ811mW5rpPQQ2yiI0W9_DwpgJ1gK6O9qHVr2ZIsPSY_wnr0M2QfTSgiScgQ_aem_tO6SnUx-WiYWfqNh_h6cRQ&utm_source=chatgpt.com

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *