Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 mayo, 2024
08/05/2024 A contorna da Alameda acollerá este domingo 12 de maio a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión que comezará ás 10:00 horas, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I. A carreira foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o presidente do Club Ciclista Compostelano, Abel Gómez.
Un ano máis volve unha cita deportiva tradicional dentro das Festas da Ascensión, a Volta Ciclista polas inmediacións da Alameda que congregará máis de 250 ciclistas na que será a súa 23 edición.
A concelleira salientou que se trata dunha «boa oportunidade para ver bo ciclismo e seguir apostando polo deporte no marco das festas da Ascensión», ademais dunha proba que «forma parte da memoria colectiva dos composteláns e compostelás». Ademáis, Pilar Lueiro convidou á cidadanía a «animar e gozar desta Carreira» e reafirmou «o compromiso deste goberno co deporte como manifestación de desfrute colectivo que casa moi ben coas festas».
A proba consiste nun percorrido nas inmediacións da Alameda con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I, que contará con un tramo de 300 metros de pedra, preto do cruceiro do Galo, que dará maior espectacularidade e dureza aos participantes. En total, prevese a participación de arredor de 250 participantes distintas categorías e modalidades (cadetes, junior, féminas, féminas elite/sub-23). Segundo as idades, os participantes darán media volta (categoría promesas), unha volta (principiantes), 4 voltas (alevíns), 8 voltas (infantís), 15 voltas (cadetes) e tanto junior como élite sub-23 femenino, 20 voltas.
O horario de inicio da proba será as 10:00 h e finalizará ás 14.00 horas, cando terá lugar a entrega de premios na mesma Alameda.
Cortes de tráfico e desvíos
Por motivo desta proba, este domingo entre as 09:00 e as 14:00 horas as rúas do percorrido sufrirán algunhas alteracións circulatorias. A avenida Xoán Carlos I e Carreira do Conde quedarán pechadas ao tráfico, polo que os vehículos que suban pola avenida de Rosalía de Castro serán desviados pola rúa de Montero Ríos. Tampouco se poderá circular pola rúa do Pombal en sentido subida, polo que os vehículos procedentes da rúa Galeras serán desviados cara a rúa Poza de Bar.
Ademais, durante o transcurso da proba, quedará prohibido o estacionamento nas rúas avenida da Coruña e avenida de Compostela.
Tamén se verán afectados os servizos de transporte urbano das liñas 1, 4, 8, C2, P1 e P2. Pode consultarse toda a información na páxina de Tussa.
Escrito por Líder Redacción
ascension carreira ciclismo compostela deportes radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)