Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 mayo, 2024
Estrella Galicia, lanza a canción do verán «A Nosa Verbena» en homenaxe ás festas galegas. Trátase dunha nova sintonía, composta polo artista santiagués Ortiga, onde se describe unha xornada típica de verbena, na que non faltan os amigos e familia, as comidas, as historias de amor acompañadas dunha orquestra e, sobre todo, moita alegría e ganas de pasalo ben.
Este himno a ritmo de cumbia, que estará a soar durante todo o verán nas verbenas da comunidade, é un paso máis da cervexeira por continuar impulsando «A Nosa Verbena», a iniciativa que comezou fai tres anos para recuperar e preservar as festas galegas en risco de desaparecer.
Con iso, ademais de xerar un retorno económico aos negocios da zona, axúdase a manter vivo o espírito de comunidade que respiran este tipo de eventos. Neste sentido, manifesta Goretti Castro, responsable de Proximidade e Cultura en Hijos de Rivera: «As verbenas son un exemplo desa identidade galega da que sentimos tan orgullosos. Supón un impacto positivo medible en termos económicos, pero tamén en cuestións intanxibles de cultura, de orgullo local, de arraigamento e de coñecemento compartido, así como un punto de encontro interxeracional»
Para esta terceira e renovada edición, elixíronse 7 verbenas ao longo de toda a xeografía galega, entre máis de 200 solicitudes: as Festas de San Xoan, en San Xoan de Río, Ourense (22 de xuño), as Festas de San Pedro, de Burgueira, Oia, Pontevedra, (28 de xuño), San Pedro da Ribeira, Saldoira, A Pontenova, Lugo (29 de xuño), Festas do Carme, festa da xuventude, en Barra de Miño, Ourense (19 de xullo) Verbena Estival, en Vilanova, Vilaverde, Modreiro, As Teixoeiras, Busnullán e Amorne, no Cebreiro, Lugo (17 de agosto) , Festa dos Remedios en Santa María de Feá, Toén, Ourense (7 de setembro) e Festa de Santa María da Cabeza, en Fruime, Lousame, Noia, A Coruña, (14 de setembro).
Para a selección destas celebracións, do mesmo xeito que nos anos anteriores, tívose en conta o valor que a verbena achega á comunidade e a xustificación da falta de recursos e apoios que lle levaba a risco de desaparecer. Ademais, tentouse que estean representadas pequenas localidades de todas as provincias galegas.
Esta nova edición da Nosa Verbena é un paso máis que demostra o compromiso de Estrella Galicia coa súa orixe, un dos catro piares que sustentan a Estratexia de Impacto Positivo de Hijos de Rivera. Con este ambicioso plan, que reúne ademais o traballo conxunto cos seus aliados para a protección e o coidado do planeta e as persoas, a compañía subliña a súa natureza inconformista para seguir buscando novas solucións e alianzas que permitan tecer redes que xeren un impacto positivo cada vez maior.
«NOSA VERBENA», DE ORTIGA
Ortiga volve á cumbia (un dos ritmos de referencia da verbena) e ao seu son máis primitivo e midi, xa que esta vez abandona os ventos da Orquestra Los Satélites para atoparse coas sonoridades máis propias das producións de finais dos 90 e principios dos 2000, onde este tipo de música era feita por un número reducido de persoas con módulos de sons electrónicos e instrumentos dixitais.
Respecto a a letra, conta cun vello coñecido: Cibrán García (Boyanka Kostova), experto en facer descricións certeiras da idiosincrasia galega e debuxar imaxes icónicas da cultura como xa nos ten afeitos con «Muinheira de Interior»; «OG»; «Leiraz», «Italofeira» e un longo etcétera.
Written by: Líder Redacción
cultura estrella galicia musica ocio ortiga radio lider santiago veran verbena
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)