AD

Actualidad

Xabier Vizcaíno abre a lata do seu próximo traballo co sinxelo titulado «Tóxico»

today17 junio, 2024

Fondo
share close
AD

O cantautor galego Xabier Vizcaíno, coñecido polas súas emblemáticas composicións como “Sete Chorares” ou “Camiños”, sorprende unha vez máis co lanzamento do seu novo sinxelo “Tóxico”. Este tema serve como adianto do que será o seu próximo traballo discográfico.

“Tóxico” mantén a esencia melódica que caracteriza ao compositor do Incio, pero introduce unha temática novidosa: o amor tóxico. Vizcaíno aborda nesta canción unha realidade presente na vida cotiá pero que, ata agora, non explorara nas letras das súas composicións. “Sempre escribín sobre o amor, pero nunca tratara esta faceta, “Tóxico” fala dunha historia de amor no mundo tóxico que estamos creando», explica o artista.

Co lanzamento do sinxelo “Tóxico» Vizcaino marca o inicio e adianto do que será o seu próximo traballo. O Videoclip está xa dispoñible na canle de youtube do artista, e o sinxelo pode escoitarse nas principais plataformas dixitais.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%