Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 mayo, 2025
Redacción, 22 de mayo de 2025.- O local de hostalería Delicias, situado no centro comercial Bergantiños, vén de presentar unha serie de novidades doces e frescas de cara á tempada de primavera-verán. Nunha entrevista emitida en Radio Líder Santiago, Iris Brandón, responsable do establecemento, repasou os novos produtos que están a introducirse e falou da filosofía do local: ofrecer sabor, comodidade e unha experiencia para todos os públicos.
“Introducimos copas de xeado, frappés e smothies, que son uns batidos de froita natural”, explicou Iris, quen tamén aclarou que os frappés son “como un batido, pero máis denso, porque leva máis xeo”.
Os amantes do doce tamén atoparán novidades pensadas para eles: “Temos uns toppings de nocilla e introducimos tamén a crema de pistacho, que é un complemento moi bo para bolaría, para gofres, para helados ou mesmo para rechear croissants”, contou a emprendedora.
Pero a cousa non queda aí: “Fóra de carta temos agora mesmo un coulant de Kinder Bueno que está encantando a todo o mundo. Se segue tendo esta acollida, seguramente entre xa oficialmente na carta”, sinalou entusiasmada.
A carta mantense flexible, adaptándose aos gustos dos clientes. “Non paramos. Sempre lle estamos dando unha volta á carta, probando cousas novas. Entendemos que hai quen é máis de salgado, así que tamén ofrecemos croissants de xamón e queixo, tostas con xamón serrano e outras opcións que entran bárbaras”.
O establecemento tamén destaca polo seu horario ininterrompido: “Abrimos ás 8 da mañá e estamos ata as 22:30 pola semana, e ata as 23:30 nas fins de semana. E sen pechar ao mediodía. Sabemos que hai xente que necesita un respiro ás cinco da tarde, e queremos estar aí”.
Sobre os días de descanso, Delicias só pecha os domingos que non coinciden coa feira en Carballo, é dicir, o primeiro e terceiro domingo de cada mes.
Ao remate da conversa, Iris expresou agradecemento polos comentarios positivos e pola fidelidade dos clientes: “A verdade é que está tendo moi boa acollida todo. Tanto os pratos novos como os clásicos como a tortilla das nove da mañá ou as hamburguesas están a funcionar moi ben”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)