AD

Actualidad

Xosé Constenla: «Nas miñas cancións non hai política, hai humanidade»

today20 junio, 2024

Fondo
share close
AD

O cantautor compostelán Xosé Constenla presentou o seu novo traballo discográfico titulado ‘Para nunca esquecer’ nunha entrevista en Radio Líder Santiago. Este EP, lanzado este ano, consta de cinco cancións que abordan a temática da recuperación da memoria histórica. Constenla subliña que as súas cancións tratan sobre humanidade e non sobre política, aínda que sempre se posicionou en ideoloxías nacionalistas e de esquerda. Recentemente destacou a importancia de falar da guerra civil e do franquismo, especialmente despois de incidentes como o ocorrido no no parlamento balear.

Xosé Constenla durante a entrevista

O álbum foi parcialmente gravado no que foi un campo de concentración franquista na Pobra do Caramiñal, no lugar do Pozo, na desembocadura do río Pedras. Esta sesión foi rexistrada nun vídeo que xa conta preto de 5.000 visualizacións nas redes sociais, formando parte das “Miudiño Sessións” producidas por Noel Feáns para o netlabel aregueita.net. O proxecto inclúe ademais un libro con textos de Noel Feáns, Alba Garrido e o propio Xosé Constenla. A presentación do proxecto terá lugar en concerto este sábado 22 ás 20:30h na Gentalha Do Pichel en Santiago, con entradas a 5€ e a opción de adquirir o disco-libro máis a entrada por 12€. Os concertos tamén se celebrarán en Ferrol, Pontevedra, Bande e Burela nos próximos días.

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%