Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 junio, 2025
Este pasado sábado, 31 de maio, a área deportiva do Milladoiro acolleu a xornada de clausura do curso 2024-2025 das escolas deportivas municipais. Como cada ano, celebrouse un evento de clausura no que os rapaces e rapazas puideron amosar o aprendido ao longo destes meses nas actividades que participaron
Trátase dun evento familiar e festivo, que estivo aberto a todas as persoas que quixeron asistir. A xornada estivo organizada polo departamento de Deportes do Concello de Ames
Neste curso 2024-2025, as escolas deportivas contaron cun total de 1.801 usuarios/as, que participaron nalgunha das 18 actividades que se ofrecen dende o departamento de Deportes
Ames, 2 de xuño de 2025.- Este pasado sábado, 31 de maio, a área deportiva do Milladoiro acolleu a xornada de clausura do curso 2024-2025 das escolas deportivas municipais. Como cada ano, celebrouse un evento de clausura no que os rapaces e rapazas puideron amosar o aprendido ao longo destes meses nas actividades que participaron. Trátase dun evento familiar e festivo, que estivo aberto a todas as persoas que quixeron asistir. A xornada estivo organizada polo departamento de Deportes do Concello de Ames. Neste curso 2024-2025, as escolas deportivas contaron cun total de 1.801 usuarios/as, que participaron nalgunha das 18 actividades que se ofrecen dende o departamento de Deportes.
Este ano, a festa de clausura das escolas deportivas volveu a celebrarse na área deportiva do Milladoiro. No pavillón deportivo houbo actividades en dúas zonas diferentes: na pista e no anexo do pavillón. Por outra banda, houbo tamén unha exhibición na pista do IES do Milladoiro.
As actividades comezaron ás 16:30 horas, na pista do pavillón, coa exhibición de baile moderno, que rematou arredor das 16:50. A esa mesma hora arrincaron os rapaces e rapazas de judo, e a súa mostra finalizou arredor das 17:10 horas. A mostra de ximnasia rítmica desenvolveuse entre as 17:10 e as 17:30 horas.
Posteriormente, de 17.30 a 17.45 e de 17.45 a 18.00 houbo unha mostra por parte do alumnado de fútbol sala feminino e fútbol sala mixto do Milladoiro. De 18.00 a 18.15 realizouse outra exhibición de fútbol sala, neste caso por parte do grupo mixto de Bertamiráns. As actividades na pista do pavillón remataron cunha mostra de baloncesto de 18.15 a 19.30 horas.
Paralelamente, de 17.30 a 18.15 horas, no anexo do pavillón do Milladoiro realizáronse diferentes partidas de xadrez. Para rematar, houbo diferentes partidos de tenis, de 17:30 a 18:15 horas, na pista do IES do Milladoiro.
1.801 inscritos nas escolas deportivas
Neste curso 2024-2025, as escolas deportivas contaron coa participación dun total de 1.801 persoas, que acudiron a algunha das 18 actividades que se ofrecen dende o departamento de Deportes.
Así, nas actividades de Ponte en forma, dirixidas a persoas maiores de 14 anos, participaron 948 persoas. Nos cursos de adestramento funcional houbo un total de 45 participantes; en aerozumba 177; en ioga 124; en pilates 382; en spinning 127; e en ximnasia de mantemento 93.
Por outra banda, na modalidade de Formación deportiva estiveron inscritos 853 nenos e nenas menores de 14 anos. En baile moderno houbo 48 usuarios/as; baloncesto tivo 135 usuarios/as; fútbol sala feminino dispuxo de 29 usuarios/as; en fútbol sala mixto houbo 77 usuarios/as; en ximnasia rítmica participaron 66 usuarios/as; judo tivo 62 usuarios/as; natación contou con 23 usuarios/as; en patinaxe houbo 221 usuarios/as; predeporte tivo 34 usuarios/as; tenis contou con 87 usuarios/as; en voleibol houbo 36 usuarios/as; e xadrez tivo 35 usuarios/as.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)