AD

Actualidad

Arzúa abre ao público este venres a Oficina de Turismo

today19 junio, 2024

Background
share close
AD

A Concellería de Turismo e Promoción Económica de Arzúa ten o pracer de anunciar a apertura da Oficina de Turismo de Arzúa, que estará dispoñible para atender ao público a partir do venres, 21 de xuño de 2024.

A oficina, situada na Rúa Peregrino, s/n, está preparada para recibir aos visitantes e proporcionar toda a información necesaria para gozar plenamente da riqueza cultural e natural da nosa vila. Este ano, Arzúa agarda unha tempada de moitas visitas, grazas ao interese crecente polos recursos turísticos de Arzúa e á popularidade do Camiño de Santiago.

A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Begoña Balado, destacou a importancia desta apertura. «Estamos moi entusiasmados coas expectativas de visitas para esta tempada. A nosa oficina de turismo está mellor preparada ca nunca para ofrecer un servizo de calidade aos turistas», apunta.

Ademais, este ano introducíronse novidades que mellorarán a experiencia dos visitantes, como novos servizos e materiais informativos actualizados.

A Oficina de Turismo estará aberta de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h e de 15:00 a 18:30 h, sábados de 10:30 a 13:00 h.

Dende a área de Turismo convidan a todos os visitantes a achegarse e descubrir todo o que Arzúa ten para ofrecer.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%