Rianxo inviste 43.000€ na mellora da senda do esteiro do Ulla
O Concello de Rianxo está acometendo estes días unha actuación para a rehabilitación do acceso ás Tres Cruces e posta en valor do patrimonio natural e cultural do esteiro do Ulla. A actuación conta cun investimento de 43.190€, IVE engadido, dos cales 38.877,30€ provellen dunha axuda á que accedemos a través da liña de subvencións para o embelecemento do litoral convocadas por Turismo de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europeo NextGenerationEU. Os […]