Un monólogo de Leti da Taberna arrinca o “Outono a escena” de Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres a primeira actuación do mes de novembro incluída na programación cultural Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana outonais con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos. O certame ofrece este venres, 8 de novembro, outra sesión dos chamados Venres na capela que achegan propostas para público adulto. Neste caso contarase co monólogo cómico Enredada de Leti da Taberna. Leti da Taberna […]