AD

Mes: enero 2025

207 Resultados / Página 15 de 23

Fondo
AD

Actualidad

Ría da Estrela presentará en FITUR o seu catálogo de peregrinacións marítimas a través da Ría de Muros Noia

A feira internacional acollerá tamén a presentación de “Volta de Gloria”, o primeiro itinerario cultural e paisaxístico circular baseado en dúas Rutas Xacobeas: o Camiño de Fisterra Muxía e o Camiño da Ría de Muros Noia No seguinte enlace tes unha entrevista a Santiago Freire, presidente de A Ría da Estrela, en Radio Líder (16-01-2025) 16 de xaneiro de 2025.- A Ría da Estrela escolleu FITUR, o certame internacional de turismo máis importante por volume de participantes e asistentes, para […]

today16 enero, 2025

Actualidad

Factoría Moza: 4.500 metros para ocio, música, danza e coworking en Salgueiriños

Despois de case dúas décadas de abandono, a estrutura de Salgueiriños inicialmente pensada para albergar o parque comarcal de bombeiros transformarase nun equipamento deseñado para atender as necesidades e as demandas da mocidade de Santiago. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe o anteproxecto da denominada “Factoría Moza”, “un edificio que concibimos como unha ferramenta para facer de Compostela a capital da xuventude e situarnos na vangarda das políticas públicas dirixidas aos […]

today15 enero, 2025

Comarca

Padrón destinará o POS+ a axudas de emerxencia e o Programa Babel

  O Concello de Padrón recibirá da Deputación de A Coruña un total de 61.903,04€ 46.903,04€ destinarase ao fondo de axudas de emerxencia que ten como obxectivo cubrir necesidades básicas esenciais O Programa Babel, para a integración de persoas migrantes e mulleres en situación de vulnerabilidade, recibirá 15.000€ Padrón. 15-1-2025.- Na sesión plenaria extraordinaria do Concello de Padrón, celebrada o luns 13 de xaneiro de 2025, aprobouse por unanimidade a proposta do executivo local que destinaba 61.903,04€ do POS+ Adicional […]

today15 enero, 2025

Comarca

Dodro destinará o POS+ adicional ao Servizo de Axuda no Fogar

O pleno ordinario de xaneiro aprobou tamén a delegación na Deputación da Coruña da inspección de construcións, instalacións e obras e da taxa urbanística Dodro, 15 de xaneiro do 2025 – O concello de Dodro celebrou este martes 15 o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. En el aprobou destinar o POS+ adicional 1/2025 para gastos sociais extraordinarios ao Servizo de Axuda no Fogar. O POS en cuestión supón para o concello de Dodro un total de 33.133 euros […]

today15 enero, 2025

Arte y Cultura

Os Premios Alfredo Iglesias celebran a súa cuarta edición, unha homenaxe á cultura galega

  Este xoves 16 de xaneiro, o Hotel Congreso de Teo convertirase (20.30 h) no escenario da cuarta edición dos Premios Alfredo Iglesias, unha iniciativa privada liderada por Alejandro Regueiro para homenaxear e recoñecer o talento e a dedicación á cultura galega. O evento destaca por a aposta pola diversidade de disciplinas artísticas, culturais e sociais. Durante a entrevista con Radio Líder Santiago, Regueiro describiu o seu compromiso coa memoria cultural galega: “Eu creo que hai unha falta de memoria […]

today15 enero, 2025

Actualidad

«Se eu fose alcalde…»: Verea expón solucións para a seguridade, a vivenda e o transporte en Santiago

  O líder dos populares composteláns analiza con Álvaro Veiga en Radio Líder a situación política, social e económica de Santiago No marco dunha extensa entrevista en Radio Líder Santiago, o líder do Partido Popular na capital galega, Borja Verea, realizou unha análise pormenorizada da situación política, social e económica da cidade. A través dun discurso crítico pero propositivo, abordou cuestións como os orzamentos municipais, o estado do transporte público, a seguridade cidadá e a vivenda, ofrecendo alternativas concretas para […]

today15 enero, 2025

Comarca

VIDEO | Ames alcanza un récord histórico en investimentos: 7,6M€ en 2024

O alcalde de Ames, Blas García, e mailos concelleiros e concelleiras que forman o Goberno municipal, compareceron esta mañá en rolda de prensa para facer unha valoración sobre a xestión realizada en 2024 e marcar os obxectivos de cara a 2025. Segundo o executivo amesán o 2024 foi o ano de asentamento das bases da acción de goberno para o mandato 2023-2027. Para o 2025 márcanse como obxectivos a sinatura dun convenio co IGVS para a creación de nova vivenda […]

today15 enero, 2025

Actualidad

Cinco persoas detidas polos roubos en comercios de Santiago

  A Policía Nacional detivo cinco persoas como presuntas responsables de varios roubos en establecementos comerciais de Santiago de Compostela. Os arrestados, todos con amplos antecedentes en delitos contra a propiedade, están relacionados con un aumento significativo destes delitos desde o pasado Nadal e durante o mes de xaneiro. Esta vaga de roubos afectou nas últimas semanas a negocios dos barrios de Galeras, Santa Marta e outras zonas como o casco histórico da cidade. As detencións son resultado dun dispositivo […]

today15 enero, 2025

Comarca

Fin de semana cultural en Vedra: estas son as propostas

  Esta fin de semana, o municipio coruñés de Vedra reúne dous importantes acontecementos culturais. A tarde do sábado 18 de xaneiro, de 18 a 20 horas, o Centro Sociocultural do concello acollerá a presentación do libro “El mensaje de un duende para la humanidad” que será arroupado polas exposicións de bisutería slacosti de Silvia Molinari e de fotografía “O segredo da fraga. Ollando as grandezas miúdas que nos aporta adentrarnos na maxia da Terra Nai” de Fernando Pintos Recarey. […]

today15 enero, 2025

AD