Máis de 150 persoas de ASPAS finalizan o Camiño de Santiago desde Ferrol
Baixo o lema “Pasiño a Pasiño… ACADANDO METAS”, a Asociación ASPAS —entidade de familias de persoas con discapacidade intelectual de Santiago— culminou con éxito o seu Camiño de Santiago pola ruta inglesa, desde Ferrol ata Compostela. Esta iniciativa enmárcase como unha actividade de convivencia e inclusión, promovendo a visibilización das capacidades e talentos das persoas con discapacidade intelectual. Ao longo de sete etapas, repartidas entre as fins de semana de abril e maio, os participantes percorreron os 113 km do […]