As obras gañadoras dos ‘Encontros con Seoane’ no Pino xa poden verse no CPI Camiño de Santiago
• Os traballos de Darío Blanco Vilaseco e Alba Ferro García foron reproducidos nun muro do centro educativo • O proxecto busca achegar a figura de Luis Seoane ao alumnado e darlle visibilidade ao talento artístico local O Pino.17-6-2025.- O CPI Camiño de Santiago loce un novo mural realizado a partir das obras gañadoras da primeira edición de Encontros con Seoane, unha iniciativa impulsada polo Concello do Pino e polo centro educativo para achegarlle ao alumnado a figura e obra […]