O PP de Santiago acusa ao goberno nacionalista de «rirse» dos traballadores dos Centros Socioculturais
Segundo o concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, “as mentiras do goberno local e a súa lexendaria incapacidade de xestión chega, neste caso, a unha gravidade difícil de superar”. O Partido Popular de Santiago leva meses avisando da situación insostible dos Centros socioculturais, “non sabemos -asegurou o concelleiro popular, José Ramón de la Fuente-, que se esconde detrás desta indolente e neglixente xestión, pero non ten explicación que, tras dous anos dándolle voltas a unha nova licitación destes contratos, […]