AD

Mes: septiembre 2025

10 Resultados / Página 1 de 2

Fondo
AD

Comarca

O outono chega a Ames con moito Apego

Música de diferentes estilos, xogos, contos, teatro, baile, xogo libre, obradoiros, maxia, cine, arrolos, creatividade, imaxinación, natureza... O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025 O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso. Pódese consultar o programa completo e a información […]

today2 septiembre, 2025

Comarca

O goberno de Padrón condena os ataques machistas contra a concelleira Chus Campos

O grupo de goberno do Concello de Padrón fixo público un comunicado no que manifesta o seu apoio á primeira tenente de alcalde e concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, tras sufrir ataques machistas na páxina de Facebook “Acabouse a festa - Padrón”. Segundo sinalan, este perfil anónimo está dedicado a difundir contidos falsos e a lanzar ataques persoais contra membros do executivo padronés. As críticas tiveron como orixe unha publicación que acusaba á concelleira de utilizar a equipación […]

today2 septiembre, 2025

Actualidad

«As pensións non están en risco agora, pero preocupa 2050», advirten os pensionistas de Compostela

A Plataforma de Pensionistas de Compostela volveu concentrarse este luns na Praza do Obradoiro, mantendo unha cita que xa se prolonga durante máis de oito anos. Tras a pausa de agosto, os manifestantes déronse cita de novo baixo os soportais de Raxoi, ao abeiro da choiva, para reiterar as súas principais demandas: a equiparación da pensión mínima co Salario Mínimo Interprofesional e o avance cara á eliminación da fenda de xénero. Manuela Fraguela, voceira da plataforma, subliñou que a sostibilidade […]

today2 septiembre, 2025

Comarca

Ames Radio abre unha nova convocatoria de Radio Cidadá para a tempada 2025-2026

Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio coa Radio Cidadá, polo que calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos desde hoxe e ata o día 21 de setembro Aceptaranse proxectos presentados por entidades, asociacións ou persoas non empadroadas no concello, sempre que as súas propostas resulten de interese para o municipio amesán ou estean protagonizadas por persoas residentes, nadas ou que traballen en Ames […]

today2 septiembre, 2025

Comarca

Boqueixón auditará a súa rede de saneamento para mellorar o servizo

Boqueixón, 2 de setembro de 2025. O Concello de Boqueixón vai realizar unha auditoría técnica da súa rede saneamento co obxectivo de seguir mellorando a calidade e eficiencia do servizo que se presta á veciñanza. Unha actuación na que se van investir preto de 15.000 euros. O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, salienta que “contamos cunha infraestrutura moi potente con 92 km de tubaxes, 14 novas depuradoras, 13 bombeos, unha nova EDAR e preto de 1.500 enganches á rede. Un […]

today2 septiembre, 2025

Sucesos

Un positivo en alcol tras un choque entre dous coches en Santiago

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2025. A Policía Local de Santiago rexistrou unha xornada de intensa actividade entre as 08:00 horas do luns 1 e as 08:00 horas deste martes 2 de setembro. O balance inclúe dous accidentes de tráfico, un delito contra a seguridade viaria, colaboracións con bombeiros e cidadanía, así como o dispositivo de seguridade no partido do Obradoiro. Ás 12:15 horas, un vehículo sufriu unha saída de vía na rúa Murcia, con resultado de danos […]

today2 septiembre, 2025

Comarca

Ategal abre este luns 8 de setembro o prazo de inscrición nas Aulas Sénior de Padrón

As clases comezarán o mércores 1 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2026 As actividades combinarán ximnasia, pilates, ioga, informática, pintura e manualidades para maiores de 50 anos. As clases desenvolveranse tanto no núcleo urbano como nas parroquias de Carcacía, Angueira de Suso e Estramundi. O programa complétase con club de lectura, viaxes culturais e voluntariado Ategal para fomentar a participación cidadá Padrón. 2-09-2025.- As Aulas Sénior de Padrón, orientadas a fomentar un envellecemento activo, arrancan un […]

today2 septiembre, 2025

Comarca

Val do Dubra contrata obras por máis de medio millón de euros

O Concello de Val do Dubra remata de contratar un paquete de obras que supoñen un investimento total de 574.675,87 euros e que se executarán ao longo das próximas semanas. Trátase de actuacións moi diversas, tanto en mellora viaria como en abastecemento e servizos, co obxectivo de mellorar as infraestruturas municipais e a calidade de vida da veciñanza. As principais actuacións son as seguintes: ● Reforzo do firme no viario de Erviñou a Abelenda – 124.420 € ● Mellora acceso […]

today2 septiembre, 2025

Actualidad

Verea: «O obxectivo para 2027 é acadar a maioría máis grande da historia de Santiago»

O líder popular destacou o traballo desenvolvido cun dato incuestionable: “Máis de 400 propostas defendidas por un equipo eficaz, comprometido e profundamente santiagués”. Os últimos tripartitos de PSOE, BNG e Compostela Aberta “non foron quen de dar resposta aos principais problemas da cidade, como os autobuses, a rotura de tubaxes, a limpeza, o tráfico ou a vivenda”, sinalou Verea. O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, asegurou hoxe en rolda de prensa que o seu obxectivo e o […]

today2 septiembre, 2025

AD