Arzúa remata a mellora integral da rúa Calexa, ampliando o proxecto inicial con fondos propios
Arzúa, 7 de outubro de 2025.– O Concello de Arzúa, a través da concelleira de Acción Urbana, Begoña Balado, informa da finalización e posta en funcionamento das obras de mellora na rúa Calexa, un proxecto que foi ampliado significativamente tras escoitar as necesidades da veciñanza nunha reunión mantida coa comunidade. Inicialmente financiado cunha partida da Deputación Provincial, o Concello decidiu ampliar o alcance da actuación con fondos propios para dar unha resposta máis completa ás demandas cidadás. A obra xá […]