AD

Mes: noviembre 2025

225 Resultados / Página 10 de 25

Fondo
AD

Actualidad

Cáritas Interparroquial de Santiago lanza a súa campaña de Nadal para garantir agasallos a todos os nenos

Esta edición conta coa colaboración especial do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia que, a través dos seus colexiados e de empresas tecnolóxicas, doarán ordenadores, tabletas ou móbiles novos A entidade atendeu en 2024 a 179 familias, cun total de 346 menores que recibiron os seus agasallos novos O director Carlos Juíz explicou que se tratará de atender a todas as persoas que o precisen, xa que “os nenos e nenas son fundamentais e non deben padecer ningunha separación […]

today20 noviembre, 2025

Actualidad

A Deputación da Coruña amplía ata o 3 de decembro o programa MercaNaVila

O éxito da iniciativa supera as previsións: as vendas xa superan os 9,6 millóns de euros e descargáronse 80.000 bonos Os usuarios teñen de prazo ata o 3 de decembro para descargar e usar os bonos-desconto de 100 € para compras no comercio local A ampliación do prazo de MercaNaVila permitirá ademais que os consumidores aproveiten o período das ofertas do Black Friday, conseguindo descontos adicionais nas súas compras, e anticipar as súas compras de cara ao Nadal A Deputación […]

today19 noviembre, 2025

Actualidad

Denuncian a apertura dun casino ‘camuflado’ como bar ao lado dun colexio en Santiago

A Asociación Veciñal Raigame alertou da colocación dunha lona anunciando a próxima apertura de Tiger Gaming no número 11 da rúa Fernando III o Santo, en Santiago de Compostela. Segundo explican, a empresa tería solicitado unha licenza de bar, mais a imaxe empregada —cun tigre e a marca “Gaming”— e a publicidade difundida fan sospeitar que se trata en realidade dun local vinculado ao xogo online. A instalación está situada xusto ao lado dun centro educativo, algo que incrementa a […]

today19 noviembre, 2025

Actualidad

Pepo Suevos celebra 25 anos de carreira cun espectáculo de ‘improvisación’ no Monte do Gozo

O humorista galego anuncia en Radio Líder Santiago unha actuación especial en Santiago o 11 de decembro: “Quero que esta cita marque e que Santiago volva ser referencia do humor galego” O humorista, actor e guionista Pepo Suevos está a celebrar un cuarto de século de carreira cunha xira que percorre Galicia baixo o título “25 anos de humor”, composta por 25 actuacións en homenaxe aos seus 25 anos nos escenarios. Entre todas as paradas, hai unha que destaca especialmente: […]

today19 noviembre, 2025

Comarca

O alcalde de Padrón visita en Teo a exhumación dunha fosa da resistencia antifranquista

Os traballos, dirixidos polo grupo de Histagra da USC, recuperaron os restos de catro guerrilleiros, entre os que posiblemente se atopen os dun veciño de Iria Flavia Anxo Arca destaca a importancia desta actuación para dignificar a memoria dos represaliados e devolverlles ás familias os corpos co respecto que merecen Padrón. 19-11-2025.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado da concelleira Mariló Saco, desprazouse esta mañá ao cemiterio de Santa María de Luou, en Teo, para coñecer os traballos de […]

today19 noviembre, 2025

Comarca

Vila de Cruces traslada unha mensaxe de calma: ‘A auga está baixo un control sanitario exhaustivo’

Vila de Cruces, 19 de novembro de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces informa de que o cambio de captación ao manancial do Carrio xa está plenamente operativo. Ata agora, a captación realizábase desde o río Arnego debido ás roturas na tubaxe do Carrio. Logo das diversas reparacións desta infraestrutura, desde a tarde do martes, a auga provén exclusivamente do manancial do Carrio, libre dos sedimentos que afectaban á captación anterior. Así mesmo, comunícase que nestes […]

today19 noviembre, 2025

Actualidad

Marta Abal acusa á Xunta e ao Concello de frear o desenvolvemento industrial de Santiago

A concelleira socialista advertiu de que os atrasos na Sionlla deixaron Santiago sen solo industrial e sen capacidade para competir na captación de novas empresas, unha situación que atribúe á falta de avances tanto da Xunta como do Concello. Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025. A concelleira socialista Marta Abal alertou este mércores dunha “parálise preocupante” tanto por parte da Xunta de Galicia como do Concello de Santiago na ampliación e na xestión do polígono da Sionlla, unha […]

today19 noviembre, 2025

Comarca

Mabel Lozano, Silvia Pérez e Llerena Pedrozo protagonistas das XV Xornadas Achégate á Igualdade, no Milladoiro

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, pon en valor “a organización destas xornadas que xa chegan a súa décimo quinta edición e nesta ocasión abordarán temas como a trata e a explotación sexual. Contaremos cunha convidada de excepción como é Mabel Lozano, coñecida polo seu labor de denuncia social contra a trata e a explotación sexual de mulleres” “Ademais, Silvia Pérez Freire e Llerena Pedrozo Porteiro impartirán un faladoiro sobre a prostitución e a trata sexual. Agardamos […]

today19 noviembre, 2025

Actualidad

Santiago acolle o Foro sobre a influencia dos medios de comunicación na loita contra a cíberviolencia machista

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025.- O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, Roberto Barba Alvedro, a delegada do reitor para a Igualdade, Sonia Esperanza Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia, María Méndez, inaugurarán mañá, xoves 20 de novembro, no Hotel Oca Puerta del Camino, na capital galega, unha nova edición do Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero. Organizado pola APG, en colaboración coa Dirección […]

today19 noviembre, 2025

AD