Raxoi contrata persoal privado para manter aberto o túnel do Hórreo
Unha cadea de indisposicións entre efectivos da Policía Local de Santiago alterou este domingo pola mañá o funcionamento habitual do servizo, nunha xornada especialmente complexa para o tráfico debido á manifestación convocada na cidade. Segundo informou o Concello de Santiago, para a quenda da mañá estaba prevista a presenza de oito axentes. Porén, antes mesmo do inicio do servizo, tres policías comunicaron a súa indisposición e non puideron incorporarse aos seus postos. Pouco despois das 9.00 horas, outros dous efectivos […]