O PP exixe a readmisión inmediata do voluntariado de Bando apartado tras denunciar o sacrificio dun can
O Partido Popular de Santiago reclamou a readmisión inmediata do voluntariado do Refuxio de Bando que foi apartado tras denunciar publicamente o sacrificio do can Gosu e a situación que, segundo os populares, se vive nas instalacións. Así o manifestou en rolda de prensa o concelleiro Adrián Villa, quen cualificou a decisión de “autoritaria” e denunciou unha “falta absoluta de transparencia” na xestión do Padroado. Villa subliñou que o goberno local “está deixando Santiago á súa sorte” e advertiu de […]