PSOE acusa ao goberno de Sanmartín de «bloquear» solucións para reforzar Bombeiros e Policía
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025.- O Grupo Municipal Socialista volveu reclamar hoxe unha intervención inmediata para reforzar os cadros de Bombeiros e Policía Local, alertando de que o executivo de Goretti Sanmartín continúa ignorando demandas laborais pendentes e evitando aplicar solucións que xa están ao seu alcance. A concelleira socialista Marta Abal acusou ao goberno municipal de “bloquear deliberadamente” a saída a esta crise, malia —subliñou— que existen vías legais, técnicas e operativas plenamente viables. “O Concello […]