Apoio económico ás Anpas e máis becas escolares: dobre aposta educativa en Rianxo
O Concello de Rianxo incrementa un ano máis o investimento destinado ás becas municipais para a adquisición de material escolar e dispositivos electrónicos. Na convocatoria correspondente ao curso 2025/2026, o goberno local concederá axudas por un importe superior aos 12.000 euros, unha cifra que supón un notable aumento con respecto á convocatoria anterior e máis do dobre do destinado no curso 2022/2023. Este esforzo económico tradúcese tamén nun incremento significativo do número de persoas beneficiarias, consolidando estas axudas como un […]