Teo contará cun centro de día tras asinar un convenio de 600.000 € coa Xunta
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asinaron este mércores un convenio de colaboración para o financiamento das obras de adaptación do local que albergará o futuro centro de día de Teo, situado en Montouto, cun investimento total de 600.000 euros. O proxecto desenvolverase nun edificio illado cunha superficie construída de 910 metros cadrados, dos cales 829,40 m² son de superficie útil. O espazo destinado ao centro de […]