Música, lingua e festa: Ames celebra o galego cun gran festival en Bertamiráns
Este festival ponlle o ramo ao programa Modo Galego, Actívao! que convidou a toda a comunidade educativa amesá activar a lingua galega durante un mes seguido. Será un espazo de encontro festivo ao que están convidados máis de 2.000 alumnos e alumnas, as súas familias e o seu profesorado e monitorado Desenvolverase o vindeiro venres, 17 de abril, entre as 17.00 h e as 21.00 horas na explanada do pavillón municipal de Bertamiráns e nel actuarán o grupo de música […]