Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 marzo, 2024
Arzúa vén de clausurar a 49ª edición da Feira do Queixo cun grande éxito de asistencia recibindo a uns 25.000 visitantes ao longo da fin de semana. Os asistentes tiveron a oportunidade de saborear os queixos máis famosos de Galicia, así como de desfrutar dun cartel musical de luxo.
Das 68 queserías participantes nesta edición, 53 delas esgotaron o seu produto disponible horas antes do peche da festa, evidenciando así a gran demanda e o éxito do evento tamén en vendas. Os asistentes puideron gozar de variedades únicas de queixo Arzúa-Ulloa, degustando a riqueza dos sabores e a calidade deste produto emblemático da zona.
As actuacións musicais tamén foron unha parte integral da festa grazas os ritmos de La Plazuela, Grande Amore, Tu Futura Ex Mujer ata as vibrantes interpretacións de Arde Bogotá. O domingo De Vacas foron as protagonistas da sesión vermú, a máis multitudinaria dos últimos anos. Pola súa banda, Guadi Galego e Al Fillas de Cassandra encheron o ambiente da festa coa súa enerxía.
O concurso de tapas e petiscos, organizado pola D.O.P. Arzúa-Ulloa, amosou a creatividade e o talento dos establecementos locais. O Café bar Ultreia destacouse como o gañador deste certame coa súa tapa ‘Claramente queixo’, unha verdadeira delicia para os amantes do sabor tradicional e auténtico do queixo Arzúa-Ulloa.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)