Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 marzo, 2024
26/03/2024 Distintos departamentos municipais, xunto con empresas concesionarias de servizos, procederon á limpeza e acondicionamento da contorna do Estadio Vero Boquete, en San Lázaro, que amoreou 70 toneladas de terra e materiais na zona de aparcadoiro.
Segundo explicou o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, realizouse unha intervención coordinada de limpeza de superficie, de redes de saneamento, de roza de vexetación, adecuación do pavimento, retirada de grava e de substitución de papeleiras de 50 litros nos socalcos do estadio, que se complementará coa reposición de muros, reparación de varandas e de beirarrúas.
En concreto, na zona dos aparcadoiros enchéronse un total de 14 camións con materiais acumulados, cun peso 70 toneladas, e por parte de Viaqua revisáronse e desatascáronse a reixas de recollida de pluviais con medios mecánicos e auga a presión.
Ademais, na zona do estadio desde Vías e Obras procedeuse ao asfaltado das zonas en peor estado e elaborouse un estudo de necesidades para futuras actuacións.
Outras tarefas que se desenvolverán desde Parques e Xardíns e Vías e Obras son a retirada de chopos que teñen comprometidos os muros de contención, a reposición de muros, a reparación e reposición das varandas metálicas e o seu posterior pintado, xunto coa renaturalización da beirarrúa levantada polo crecemento das árbores para deixar un pavimento permeable.
O concelleiro destacou «a boa coordinación desta intervención, organizada de xeito transversal entre distintos servizos municipais» e agradeceu o persoal que participou «para conseguir esta limpeza na contorna do estadio de San Lázaro, un espazo moi concorrido que agora está en mellores condicións para a veciñanza».
Desde Parques e Xardíns desprazáronse durante as últimas semanas para esta intervención un total de 11 persoas, 2 camións, 1 pa, 1 tractor, 3 camionetas, sopradoras e diversa ferramenta manual. Por parte de Urbaser desprazáronse 6 brigadas de limpeza, 4 equipos de varrido de calzadas e beirarrúas, 2 equipos lavabeirarrúas ao redor do anel do estadio, 2 equipos de mantemento para a colocación de papeleiras, 2 camións de recollida de carga traseira e 1 mando de coordinación.
Escrito por Líder Redacción
compostela estadio limpeza radio lider santiago santiago vero boquete
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)