Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 julio, 2026 7
O Concello de Ames vén de publicar un bando municipal a través do que se autoriza, con carácter excepcional, á instalación e utilización de pantallas ou televisores nas terrazas dos establecementos de hostalaría do municipio, para a retransmisión da final da Copa do Mundo de Fútbol que vai ter lugar o vindeiro domingo 19 de xullo
Con esta iniciativa trátase de facilitar que a veciñanza, que así o desexe, poida ver en grupo a final do mundial de fútbol, e ao mesmo tempo é unha medida que contribúe a dinamizar o sector hostaleiro do municipio
Ames, 16 de xullo de 2026.- O Concello de Ames vén de publicar un bando municipal, a través do que se autoriza, con carácter excepcional, á instalación e utilización de pantallas ou televisores nas terrazas dos establecementos de hostalaría do municipio, para a retransmisión da final da Copa do Mundo de Fútbol, que vai ter lugar o vindeiro domingo 19 de xullo, ás 21.00 horas. Dita autorización está condicionada ao cumprimento dunha serie de normas recollidas no bando municipal.
O Concello de Ames vén de aprobar un bando municipal co obxectivo de favorecer o seguimento do acontecemento deportivo de especial interese social deste domingo, 19 de xullo, no que se decidirá o campión da Copa do Mundo de Fútbol, que van disputar as seleccións de España e Arxentina. Con esta iniciativa trátase de facilitar que a veciñanza, que así o desexe, poida ver en grupo a final do Mundial de fútbol, e ao mesmo tempo é unha medida que contribúe a dinamizar o sector hostaleiro do municipio.
Deste xeito, en base ao artigo 21.1.e da Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local, en virtude á atribución que ten o alcalde de ditar bandos, e co obxecto de favorecer o seguimento da final da Copa do Mundo de Fútbol, que se vai xogar este domingo 19 de xullo, ás 21.00 horas, e en virtude do estipulado no artigo 27.6 da ordenanza reguladora da ocupación de dominio público e espazos privados de uso público por terrazas e elementos vinculados á actividade comercial e hostaleira con fins non festivos do concello de Ames, autorízase con carácter excepcional, para a retransmisión da final da Copa do Mundo de Fútbol, á instalación e utilización de pantallas ou televisores nas terrazas dos establecementos de hostalaría do municipio.
Esta autorización estará condicionada ao cumprimento das seguintes normas:
-O uso das pantallas limitarase á emisión do evento para o que se concede a autorización.
-O volume do son deberá manterse nun nivel moderado, evitando molestias á veciñanza e respectando a normativa vixente en materia de contaminación acústica.
-Deberán respectarse en todo momento os horarios autorizados para o funcionamento das terrazas e cesará a emisión unha vez finalizado o evento ou alcanzado o horario de peche establecido.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Miguel Angel en 16 julio, 2026
esta noticia no es por el ayuntamiento, es por la presión de los vecinos… el ayuntamiento no iba a hacer nada y aparte… da permiso cuando el domingo aquí en Bertamirans nadie abre o casi nadie
Miguel Angel en 16 julio, 2026
llevamos desde el martes pidiendo al ayuntamiento una pantalla para que todos pudiéramos ver el partido y no hay respuesta. pedimos cita para hoy y nos dieron cita a las 12:45 y el alcalde ni se presentó….
Miguel Angel en 16 julio, 2026
y todo por no poner una pantalla que está en el ayuntamiento que no hace nada
Miguel Angel en 16 julio, 2026
no se presentó porque está con la plaza de abastos que ni siquiera está en proyecto
Miguel Angel en 16 julio, 2026
dicho de otra manera…. para salir del paso
Miguel Angel en 17 julio, 2026
palabras de la persona del ayuntamiento: ni se le ve ni se le espera….. llego a las 2 de la tarde que lo vieron entrar
Miguel Angel en 17 julio, 2026
y el texto de dinamizar la hostelería y todo esto vais al Facebook de Chus García y sale antes de la noticia que disteis…por eso sale la noticia. por pesados