Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 mayo, 2026
O Concello de Santiago instalará unha pantalla xigante na zona exterior do Multiusos Fontes do Sar o vindeiro venres 8 de maio, ás 21.00 horas, para que todas aquelas persoas que non poidan acceder ao pavillón poidan seguir en directo o decisivo encontro entre o Monbus Obradoiro e o Gipuzkoa Basket.
O partido será clave para o futuro inmediato do conxunto compostelán, xa que unha vitoria permitiríalle lograr o ascenso directo á ACB, nunha noite moi importante para a entidade obradoirista e para toda a cidade.
A localización da pantalla cambia así respecto á proposta inicial na Praza Roxa o que permitirá concentrar todo o ambiente da afección arredor do Multiusos Fontes do Sar.
Ademais, durante o encontro, todas as persoas asistentes poderán seguir gozando das food trucks e da barra de bebidas habilitadas na contorna do pavillón, reforzando o ambiente festivo antes e durante o partido.
Desde o Concello animan á cidadanía a apoiar ao equipo e a vivir o encontro “con responsabilidade e espírito deportivo”, nunha convocatoria que converterá os exteriores de Sar nun gran punto de encontro para a afección obradoirista.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)